En Marea inaugura o seu novo portal de participación para a vindeira asemblea do 17 de decembro

O portavoz do grupo parlamentario, Luís Villares, e a membro da coordinadora Maria José Bóveda, foron os encargados de dar a coñecer a plataforma que permitirá participar en todas as actividades e xeito fácil e intuitivo e ter unha relación áxil na toma de decisións colectivas.
Publicado por o día 10/12/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea inaugura o seu novo portal de participación para a vindeira asemblea do 17 de decembro

O portavoz do grupo parlamentario de En Marea, Luís Villares, e a membro da Coordinadora de En Marea, Maria José Bóveda, presentaron esta mañá o novo portal de participación de En Marea para a vindeira asemblea do 17 de decembro. Na rolda de prensa o portavoz destacou o cumprimento por parte de En Marea do que foi un compromiso co lanzamento desta ferramenta fundamental nos procesos de participación que es desenvolverán a partir deste momento coa posta en marcha desta plataforma.

Villares salientou que é o primeiro paso que levará a En Marea ata o plenario que terá lugar o vindeiro 17 de decembro en Santiago de Compostela no que se discutirán os distintos textos referidos ao regulamento e organización que desde hoxe estarán publicados na web de En Marea (www.enmarea.gal). Deste xeito a partires do día 17 quedará decidido tanto a participación interna de En Marea como fixadas as primeiras posicións políticas marcadas polos textos aprobados na anterior asemblea do mes de xullo e no proceso electoral. O seguinte paso, no caso de que se aprobe o proceso tal e como está previsto, será a escolla dunha nova dirección de En Marea e o desenvolvemento do documento político aprobado.

Para que este portal sexa efectivo é necesario unha participación o máis ampla e activa posible e o primeiro paso para a mesma é inscribirse, algo que se pode facer desde hoxe mesmo. Trátase dun proceso moi sinxelo que, unha vez completado, permite participar en todas as actividades que se leven a cabo desde o portal. Unha vez inscrito, esta ferramenta de participación ten un uso fácil e intuitivo que permitirá unha relación rápida e áxil na toma de decisións colectivas.

A inscrición é moi sinxela:
1.  Clica na seguinte ligazón:  https://medrando.enmarea.gal
2.  Crea un usuario e escolle un contrasinal. Serán imprescindibles para acceder ao portal. Lembra rexistrar o teu número de móbil.
3. Co código que recibirás no móbil accede á páxina e completa o rexistro.

Con estes tres sinxelos pasos o usuario ou usuaria estará xa inscrito en En Marea e poderá en todos os procesos de consulta, aportación de documentos e toma de decisións.