En Marea inicia en Cervantes as súas xornadas da Alternativa para un territorio vivo

Estas xornadas desenvolveranse en poboacións galegas especialmente afectadas pola vaga de lumes do pasado outubro
Por o 14/12/2017 | Sección: En Marea,Política
En Marea inicia en Cervantes as súas xornadas da Alternativa para un territorio vivo

Repensar as necesidades do territorio tendo en conta o sucedido a vaga de lumes do pasado outubro é a intención da fundamental da xira que En Marea comeza este sábado en Cervantes (Lugo) para explicar unha Alternativa para o territorio que teña en conta, ademais da política forestal, todas aquelas circunstancias que conduciron ata este ano á situación que viviu o país e que tivo na vaga de lumes a súa expresión máis grave.

Estes encontros que comeza o sábado en Cervantes, expandiranse por toda Galicia, tomando como referencia aquelas poboacións que padeceron un maior dano na vaga dos lumes. Esta primeira cita, como as restantes, servirán para facer unha análise e un debate con especialistas do territorio en Galicia, ademais de expoñer cales son as propostas políticas de En Marea para unha organización do territorio que permita unha explotación racional dos recursos e tamén un coidado do territorio que evite o abandono e os lumes.

Segundo explicou Luís Villares na rolda de prensa de presentación, a intención é “construír unha alternativa real á situación actual de abandono do territorio”. Villares referiuse a que tras a vaga de lumes pasada, os especialistas da xestión do monte sinalaron nunha carta respaldada por máis dun centenar de firmas que a o problema dos lumes “só se pode solventar cunha solución integral da política do territorio, que ten que ter en conta ao monte, pero que non se solucionará só desde o monte”.

Para Víctor Álvarez, un dos participantes nos encontros de Cervantes e integrante de Lugonovo, a proposta de En Marea supón que se escoitará “ás veciñas de todas as localidades polas que pasaremos, que se escoitará a súa oposición e as necesidades das súas localidades e por iso animamos a todo o mundo a que participe nelas, comezando este sábado en Cervantes”.

No encontro que terá lugar no Hotel Piornedo, en Cervantes, (podedes comprobar o programa máis abaixo) participarán o voceiro de En Marea, Luís Villares, e a deputada desta mesma formación Paula Quinteiro. Tras o encontro de Cervantes, a xira para o Territorio Vivo continuará en localidades como  Nigrán, Salceda de Caselas ou A Cañiza no vindeiro mes de xaneiro.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.