En Marea insta á Xunta a actuar de xeito planificado e urxente para limitar o risco de erosión tras os incendios

O deputado Davide Rodríguez destacou a necesidade de elaborar un protocolo de actuación para as terras queimadas con carácter universal e crear un banco de sementes con especies de crecemento rápido e pouco perenne e outro de endóxenas baixo criterios técnicos.
Por o 10/11/2017 | Sección: En Marea,Galicia,Política,Xunta de Galicia
En Marea insta á Xunta a actuar de xeito planificado e urxente para limitar o risco de erosión tras os incendios

O deputado de En Marea, Davide Rodríguez, presentou esta mañá unha proposición non de Lei no Parlamento de Galicia sobre as actuacións de “heomulching” que a Consellería de Medio Rural debe levar a cabo para limitar o risco de erosión en terreos queimados. Rodríguez destacou a necesidade actuar para limitar o risco de erosión post-incendio para o que é preciso realizar unha serie de actuacións no menor tempo posible antes de que as primeiras chuvias desencadeen os peores efectos. Este complexo labor require unha planificación que estableza con claridade os puntos esenciais a considerar, as accións a acometer e a súa secuencia de execución. Nese contexto, os protocolos son instrumentos útiles que axudan a organizar as actuacións.

Como explicou o deputado de En Marea, os incendios forestais constitúen unha das perturbacións máis frecuentes e importantes que sofren os ecosistemas forestais de Galicia. Cando, tras o lume, conflúen nunha área queimada de relevo pronunciado, altos niveis de perturbación no solo e na vexetación e elevadas precipitacións, existe un risco potencial de fortes alteracións na resposta hidrolóxica das bacías afectadas, con grandes aumentos na escorredura superficial e episodios erosivos intensos. Estes fenómenos favorecen a degradación do solo, un recurso fundamental para o
mantemento da calidade e produtividade do ecosistema afectado, podendoademais orixinar riadas e inundacións, con ameaza para as vidas humanas,infraestruturas e diversos recursos valiosos dentro e fóra da área queimada.

Os acolchados ou “mulches”, teñen sido ferramentas eficaces dependendo do réxime de precipitación e da severidade do incendio. A aplicación de mulch desde helicóptero efectuada por primeira vez en España en áreas incendiadas de Galicia, é un sistema factible, rápido e eficaz con reducións de perdas de solo de máis do 90 por cento.

Pero ante esta boa nova, dende En Marea, explicou Rodríguez son  conscientes de que en determinadas zonas con figura de protección medioambiental estase a botar sementes que hoxe, Conservación da Natureza, ten prohibida a súa implantación, e que, o custe elevado desta práctica, serviría para aumentar o gasto de prevención e non ter que lamentar a erosión do chan queimado nunha escorrentía.

“Un modelo lóxico de actuación ten que ter en conta a data do lume para valorar riscos e rebotes, a posibilidade de corta da biomasa aérea que non rebota e a súa colocación para evitar regos, implantación de sementes: unha de crecemento rápida e pouco perenne, e outra de sementes endóxenas baixo criterios técnicos o que nos leva a necesidade de crear uns bancos de sementes endóxenas dos territorios cunhas reservas mínimas por especie” afirmou o deputado de En Marea.

O aporte de biomasa allea debe ser unha medida extraordinaria e cunhas
esixencias de compra definidas. A todo isto, cabe nomear que no existen controis de contaminación fitolóxica nestes terreos queimados. O aporte de biomasa allea debe ser unha medida extraordinaria e cunhas esixencias de compra excepcionais, evitando que se instaure como unha práctica habitual.

Por estes motivos, o grupo de En Marea presentou unha iniciativa na comisión de Medio Rural na que se insta á Xunta de Galicia a:

1.Elaborar un protocolo de actuación para as terras queimadas con carácter universal de aplicación e con redaccións por zonas, que prioricen a perda de chan e a súa microbioloxía, a contaminación das augas doces, a perda de biodiversidade e paisaxe, así coma os multiservizos da terra. Estes protocolos teñen e deben ser avaliados no plano temporal e económico.

2.Crear un banco de sementes para implantar na práctica do “heomulching” con especies de crecemento rápido e pouco perenne, e outro de sementes endóxenas baixo criterios técnicos cunhas reservas mínimas por especie.

EN MAREA PROPÓN CREAR UNHA MESA DE DIÁLOGO COS AFECTADOS POLA SECA

A deputada Paula Quinteiro pola súa banda, presentou na comisión de Medio Rural unha proposta .“de mínimos” para constituír unha mesa de diálogo cos actores afectados pola seca para debater propostas que permitan paliar os seus danos e deseñar estratexias que permitan abordar situacións similares nos vindeiros anos.

A deputada de En Marea lembrou que o pasado verán choveu un 27 por cento menos que anos anteriores e as temperaturas moito máis altas que de costume encadeando cinco estacións consecutivas con precipitacións por debaixo da media o que se traduce “nunha preocupante que está causando severos problemas de abastecemento de auga a moitos municipios, sobre todo na provincia de Ourense”.

Estes problemas acontecen a pesar de que Galicia leva en prealerta dende fai nove meses. Cabe preguntar, polo tanto, “que estivo a facer o Goberno da Xunta durante todo este tempo para evitar que a ausencia de choivas causase estragos ás familias e aos negocios nunha maior situación de risco” cuestionou Paula Quinteiro.

Os cambios nos patróns meteorolóxicos como salientou a deputada de En Marea débense ao cambio climático, que deberíamos estar combatendo con moita maior  contundencia e cunha ambiciosa estratexia de futuro.

Co motivo da noticia de que a Xunta pensa decretar a alerta por seca en polo menos 6 das 19 cuncas da demarcación hidrográfica Galicia Costa, o grupo de En Marea considera que é o momento de repasar o que se fixo ata o de agora e de pactar as medidas  que se deben tomar no futuro.

Por este motivo, presentou unha proposición non de Lei na que se insta á Xunta a constituír unha mesa de diálogo cos actores afectados pola seca para debater propostas que permitan paliar os seus danos e deseñar estratexias que permitan abordar situacións similares nos anos vindeiros. Unha iniciativa que non saíu adiante a causa dos votos en contra que do Partido Popular.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.