En Marea insta a Xunta de Galicia a recuperar o Pazo de Meirás para o patrimonio público galego

Antón Sánchez considera que sería unha “burla” que a familia Franco puidese facer cartos “despois de conseguir o pazo a punta de pistola”, no caso de que se confirme a intención de venta
Publicado por o día 17/02/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea insta a Xunta de Galicia a recuperar o Pazo de Meirás para o patrimonio público galego

En Marea considera imprescindible que a Xunta tome cartas na anunciada intención de venta do Pazo de Meirás por parte da familia do dictador Francisco Franco e para evitar que esa familia faga cartos a conta dun “expolio realizado a punta de pistola”. Tras coñecerse a intención dos descendentes de Franco de vender o pazo, En Marea insta á Xunta a que acometa todas as accións necesarias para evitar esa venta e conseguir que o pazo forme parte do patrimonio público galego.

Segundo Antón Sánchez, vicevoceiro de En Marea, “sería unha burla que a familia Franco fixese cartos a conta do expolio realizado polo dictador”. Sanchez sinalou que a Xunta está obrigada a “mollarse dunha vez e defender o patrimonio dos galegos en lugar de facer tempo para que a familia Franco poida manobrar e gañar cartos a conta do expolio”.

En Marea apoia tamén as iniciativas que está levando a cabo o Concello de Sada e as plataformas en favor da recuperación do Pazo de Meirás como patrimonio público. Como xa fixo en anteriores ocasións, o GP de En Marea pedirá no Parlamento de Galicia unha actuación rápida por parte da Xunta de Galicia para evitar que a familia do dictador poida facer o que queira cun patrimonio obtido pola coherención e o medo.

Sánchez sinalou que, como fixo o Concello de Sada, pedirase a reunión da comisión de expertos. Tamén se pedirá á Xunta que con toda urxencia estableza os mecanismos que impidan a venta por parte da familia se se confirma a intención de venta. O vicevoceiro sinalou que tamén debería o PP “manifestarse e demostrar a favor de qué estar: se a favor de o pazo sexa dos galegos ou se está defendendo os intereses da familia do dictador”.