En Marea insta á Xunta a realizar as xestións oportunas para usar ou adquirir o edificio Xeral Cíes

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, anima ao Goberno galego a non deixar pasar esta nova oportunidade de recuperar patrimonio público para uso sanitario despois de que quedara baleira esta pasada semana a poza de venda.
Publicado por o día 21/05/2017 na sección de En Marea,Política,Sanidad,Vigo

En Marea insta á Xunta a realizar as xestións oportunas para usar ou adquirir o edificio Xeral Cíes

Esta semana coñecíase a nova de que a poxa do edificio Xeral Cíes que tivo lugar o pasado 15 de maio polo prezo de 3.552.500 euros quedou baleira. Ante esta situación, ábrese un prazo non superior a un ano, no que a Tesorería da Seguridade Social como propietaria do edificio, poderá adxudicar de xeito directo o mesmo. Ante esta nova situación o grupo de En Marea rexistrou unha iniciativa no Parlamento de Galicia para que a Xunta de Galicia realice as xestións necesarias para usar ou adquirir o edificio destinando o mesmo a cubrir as demandas sanitarias ou sociosanitarias da zona, garantindo o carácter e a xestión pública.

O edificio, utilizado como hospital, está dotado de material sanitario como por exemplo quirófanos e cunha superficie de 3.677 metros cadrados, compostos segundo rexistro de dúas fincas urbanas, de edificio e terreo que constitúe unha parcela de 2.119 metros cadrados. A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, ten denunciado xa en diversas ocasión que a devolución do edificio por parte da Xunta de Galicia á Tesorería da Seguridade Social, supuxo unha perda máis na área sanitaria de Vigo de patrimonio público para uso sanitario, o que impide levar a cabo proxectos de mellora da área sanitaria como o Centro de Alta Resolución no ámbito da atención hospitalaria.

Con todo, tendo en conta que a poxa quedou baleira, o Goberno galego ten unha nova posibilidade para solicitar unha cesión ou adquirir o edificio, mantendo un uso público, sanitario ou sociosanitario, co que atender as demandas da zona como salientou Eva Solla. Por todo isto e esperando que a Xunta de Galicia non deixe escapar esta nova oportunidade, o grupo de En Marea ven de rexistrar unha proposición non de Lei na que se propón que o Parlamento de Galicia inste á Xunta de Galicia a:

  • Realizar as xestións necesarias para poder usar ou adquirir o edificio Xeral Cíes, destinando o mesmo a cubrir as demandas sanitarias ou sociosanitarias da zona, garantindo o carácter e a xestión pública.