En Marea instará ao Parlamento de Galicia a asumir a titularidade do centro de saúde de Cambados e arranxar as gravísimas deficiencias que presenta

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, visitou as instalacións esta mañá.
Publicado por o día 01/06/2017 na sección de En Marea,Política,Sanidad,Vigo

En Marea instará ao Parlamento de Galicia a asumir a titularidade do centro de saúde de Cambados e arranxar as gravísimas deficiencias que presenta

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, visitou esta mañá o centro de saúde de Cambados onde puido comprobar as graves deficiencias do mesmo que deben ser arraxadas de xeito urxente e prioritario. Entre as múltiples deficiencias destaca o deterioro que afecta a partes moi importantes como filtracións que se producen de xeito habitual sobre todo pola fachada que da ao mar, onde algunhas das fiestras non abren, outras teñen que ser enganchadas con gasas porque están moi deterioradas e outras non funcionan directamente.

Os chans do centro tampouco compren os mínimos de seguridade tanto de limpeza como seguridade pero o peor como sinalou Eva Solla son as inundacións con augas fecais que se producen cando se incrementa o nivel do mar. Deste xeito, cando se produce esta subida do nivel do mar, a planta baixa onde están as consultas de urxencias se inundan con restos de augas fecais, algo moi grave nun centro de saúde.

Eva Solla anunciou que rexistrará diversas iniciativas no Parlamento de Galicia para instar á Xunta de Galicia a asumir a titularidade do centro e asumir as obras urxentes que precisa o mesmo para acabar coa intolerable situación actual deste centro de saúde.