En Marea interpela no pleno á ministra Tejerina sobre a reforma da PAC: “A súa PAC é a dos poderosos, nós queremos un cambio radical”

“Coas negociacións da Política Agrícola Común (PAC), que marcarán o período a partir do 2020, xógamonos o futuro, a existencia do noso mundo rural e o equilibrio da nosa sociedade”, asegurou o deputado e voceiro da Comisión de Agricultura, Antón Gómez-Reino.
Publicado por o día 07/02/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea interpela no pleno á ministra Tejerina sobre a reforma da PAC: “A súa PAC é a dos poderosos, nós queremos un cambio radical”

O deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, defendeu este mércores no pleno do Congreso a interpelación urxente ao Goberno sobre o proceso de reforma da Política Agrícola Común (PAC).

“O modelo da PAC polo que aposta o Goberno é o dos poderosos, é radicalmente inxusto, tanto na distribución de axudas como na distribución entre sectores e territorios. O Goberno español afánase en representar ás grandes empresas e terratenentes alleos á agricultura e deixa de lado ás produtoras”, asegurou no pleno.

O voceiro na Comisión de Agricultura lembrou que a PAC representa o 38% de todo o Orzamento Comunitario, máis de 43.996 millóns de euros destinados ao Estado español para o período 2014-2020.

“Este é un debate de soberanía. Por que non abandonan, como están facendo outros países do noso entorno, a senda da defensa exclusiva dos intereses dos poderosos?”, preguntou Gómez-Reino, que lembrou que en Francia, Alemania ou Portugal puxéronse en marcha o pago redistributivo ás primeras 30 hectáreas, ou como Italia recorta as axudas ao 50% a partir dos 150.000 euros e non paga ningunha axuda por encima dos 500.000 euros, mientras que o Goberno español non o fai.

Ademais, En Marea lembra que en países como Francia, Holanda e Portugal a práctica totalidade dos perceptores son “autónomos agrícolas”, nada que ver co que se realiza no Estado español.

Gómez-Reino insistiu á ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, que necesitamos “un cambio radical da PAC”, non simples maquillaxes.

En Marea defende que a PAC debe acometer “novos retos”, especialmente catro:

-Unha PAC que apoie aos pequenos e medianos productores agrarios e gandeiros e ás cooperativas, como a mellor política que podemos realizar para ter un rural vivo.

-Unha PAC que teña a capacidade de incidir na cadea alimentaria, aportando estabilidade, dando peso aos agricultores e agricultoras, garantindo prezos e respondendo ás demandas de alimentación saudable e soberanía alimentar.

-Unha PAC que apoie a transición dun modelo produtivo acorde co reto do Cambio Climático. Que valore a enorme función do mundo rural en retos como a desertización, os incendios ou o coidado do medio natural.

-Unha PAC, finalmente que fortalezca as políticas de desenvolvemento rural, que dinamice unha economía sostenible e de proximidade.

O deputado insistiu na súa intervención que “coas negociacións da Política Agrícola Común, que marcarán o período 2020 – 2017, xógamonos o futuro, a existencia do noso mundo rural e o equilibrio da nosa sociedade”.

En Marea esixiulle ao Goberno que “as posicións no proceso de negociación da PAC sexan sometidos a debate e votación nesta cámara”.

A ministra, coa excusa da UE, elude a sua responsabildiade dunha “aplicación xusta da PAC” e evita comprometerse coas reformas propostas por En Marea, de poñer no foco os pequenos e medianos produtores agrarios e de ter os novos retos do sector.