En Marea lamenta que a Xunta continúe a insistir la liña de atacar a educación pública mentres subvenciona empresas educativas contrarias ao espírito da coeducación e da igualdade

As deputadas Ánxeles Cuña e Luca Chao consideran “inadmisible“ que se manteñan os concertos con centros privados ata o curso 2022/23 pese a ter a todos os grupos da oposición en contra
Publicado por o día 22/08/2017 na sección de Educación,En Marea,Política

En Marea lamenta que a Xunta continúe a insistir la liña de atacar a educación pública mentres subvenciona empresas educativas contrarias ao espírito da coeducación e da igualdade

O gran argumento do Partido Popular para a existencia dos centros concertados, era garantir o acceso ao ensino básico da cidadanía, porque non había suficientes centros, e nun determinado momento histórico foi necesario concertar unidades. Agora os centros públicos poderían garantir tal acceso nunha porcentaxe maior. Malia todo, o Partido Popular opta por un ensino concertado que incrementa unidades e  profesorado, mentres reduce profesorado, unidades e escolas no ensino público.

Onte, 21 de agosto, saíu publicada no DOGA a Orde na que a Xunta aproba os concertos educativos para 2017/2018. Nas cifras básicas deducimos que un 37,3 por cento do alumnado (86.000 alumnos/as) estudan  en centros privados-concertados. Prodúcese así incremento de 21 unidades (3.913), máis ca nunca e destinase un 11 por cento do orzamento da Consellería de Educación a beneficiar a estes centros.

As deputadas de En Marea, Ánxeles Cuña e Luca Chao, responsables do área de Educación, consideran “inadmisible¨ que a vixencia das concesións chegue ata o curso 2022/23 porque a LOMCE só obriga a facelo en Primaria, pero a Consellería amplía a duración de 6 anos a todos os niveis (ESO e FP). “Faino contra todos os grupos da oposición que levamos reclamando con argumentos e coherencia un ensino público de calidade“ denunciou Ánxeles Cuña.

O que resulta máis intolerable é que desaparece como criterio o principio de coeducación. Elimínase da orde a preferencia de igualdade de xénero. A orde de concertos deixa de dar preferencia á coeducación, que é “unha das ferramentas máis útiles e potentes para acabar coa desigualdade”. O principio de igualdade tradúcese no eido educativo como coeducación. Coeducar é “educar ás persoas dende a igualdade de valores e a marxe de que sexan nenas ou nenos.

A decisión da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria,  evidencia a liña educativa deste Goberno que non ten reparos en reducir postos de traballo no ensino público, investimentos en recursos, libros de texto ou facer pagar para poder comer nos comedores escolares, para subvencionar empresas educativas contrarias ao espírito da coeducación. Así mesmo, o grupo parlamentario de En Marea defende que a libre elección de centro non pode estar por riba da lei de Igualdade do ano 2007.

Por todo isto, En Marea defende que os fondos públicos non deben subvencionar o ensino do alumnado ás familias que optan pola escolarización segregada. A Lei Galega de Igualdade establece que “non se admitirán, no centro docente, as desigualdades entre alumnos e alumnas sustentadas en crenzas, prexuízos, tradicións ou prácticas consuetudinarias transmisoras, directa o indirectamente, dunha distribución estereotipada de papeis entre os sexos o de una imaxe de dominación de un sexo sobre o outro en calquera ámbito da vida”.

“Que a LOMCE permita a concertación cos centros que segregan por sexos, non quere dicir que esta sexa unha opción xusta, nin sensata. Non quere dicir que sexa unha solución de sentido común, nin a mellor. Quen queira optar por unha educación segregadora que a pague. Non co diñeiro de todas e en detrimento das familias máis vulnerables. Non en contra da equidade“ concluíu Ánxeles Cuña.

Una respuesta para "En Marea lamenta que a Xunta continúe a insistir la liña de atacar a educación pública mentres subvenciona empresas educativas contrarias ao espírito da coeducación e da igualdade"

  1. Gamela   23/08/2017 at 0:37

    Canto estabamos a piques de ELIMINAR as subvencións aos colexios do Opus Dei chegou un ministro que revolveu toda a lexislación, especialmente a letra pequena, na que se eliminaba da lexislación relativa ás subvencións a obrigatoriedade dun ensino inclusivo sen discrimación por sexo!

    O responsable desta FONTANERÍA FINA está agora en París vivindo coma un marahá xunto a súa maharaní Montserrat Gomendio !!!

    Quen se beneficia do ensino privado concertado ?
    http://vientosur.info/spip.php?article12598

    NIGUÉN pediou o CESE fulminante do Embaixador de España ante a OCDE.
    http://gamela00.blogspot.com.es/2013/06/maldito-sea-wert.html

    Seica andan ocupadas viaxando a Caracas mentras o Opus Dei segue traballando tódolos días de Dios!

    https://i.gal/gamela07