En Marea loitará pola recuperación gratuíta do Pazo de Meirás para á cidadanía, unha propiedade adquirida de xeito ilexítimo froito do espolio, a violencia e as ameazas da ditadura de Franco

En Marea rexistrou unha a iniciativa lexislativa no Parlamento de Galicia na que se solicita a devolución gratuíta e a compensación as vítimas deste espolio
Publicado por o día 04/03/2017 na sección de A Coruña,En Marea,Galicia,Política,Vigo

En Marea loitará pola recuperación gratuíta do Pazo de Meirás para á cidadanía, unha propiedade adquirida de xeito ilexítimo froito do espolio, a violencia e as ameazas da ditadura de Franco

O viceportavoz parlamentario de En Marea, Antón Sánchez, acompañado do alcalde de Sada, Benito Portela, informaron esta mañá ás portas do Pazo de Meirás da iniciativa lexislativa rexistrada polo grupo de En Marea o pasado mércores 1 de mazo ás 11 horas, para a recuperación gratuíta do Pazo de Meirás para á cidadanía. Loitar pola recuperación dun patrimonio da familia Franco froito o espolio, as ameazas e as coaccións a xente do común de Meirás é o firme compromiso no que coinciden de En Marea e o goberno sadense de Sada Maioría. Unha iniciativa lexislativa que de transcorrer favorablemente chegará ao Congreso dos Deputados para esixir que as administracións públicas se fagan con este patrimonio e o devolvan a cidadanía de Meirás, de Sada e de toda Galicia. O viceportavoz parlamentario destacou que se trata da primeira iniciativa como proxecto de lei que se rexistra para modificar a Lei 52/2007 da Memoria Histórica e lograr á recuperación gratuíta en base a ilexitimidade da súa procedencia.

Antón Sánchez fixo incidiu na transcendencia no ámbito político desta iniciativa xa que a familia Franco é propietaria deste ben produto de forzar á xente a ceder as súas propiedades por parte das personalidades do réxime que traballaron con violencia e ameazas, nunha ditadura que exercía a violencia extrema para adquirir esta propiedade o que avala a afirmación de En Marea de que se trata dunha propiedade ilexítima. O viceportavoz de En Marea salientou así mesmo que estamos ante a conservación dos privilexios aínda hoxe, 2017, da familia do ditador e un símbolo dunha transición á democracia incompleta onde non houbo ruptura democrática como aconteceu noutros países.

Unha expresión desta situación de privilexio da familia Franco amosase por exemplo na negativa e os obstáculos que están a poñer ás visitas como con consecuencia de Ben de Interese Cultural do Pazo de Meirás, motivada non polas molestias concretas que poda provocar senón porque “esta xente non acepta a democracia, non acepta que o pobo sexa quen máis ordene e que polo tanto teñan que estar eles ao servizo do pobo“. “Non haberá rexeneración democrática neste país mentres non se produza a reparación das vítimas e poñer as cousas no seu sitio, sendo todos iguais e nunha democracia quen goberna é o pobo e todas e todos temos que estar sometidos ao poder do pobo, tamén a familia Franco“ declarou Antón Sánchez. Unha devolución que ten que vir acompañada pola compensación a aquelas persoas que foron vítimas do espolio por xustiza e por rexeneración democrática.

A recuperación do Pazo de Meirás como pide En Marea pasaría a ser o símbolo da rexeneración democrática, da reparación da dignidade das persoas que foron roubadas, ameazadas e espoliadas, e o precedente para a recuperación de todo o espoliado durante a ditadura e permitido nun paso a democracia incompleto como salientou o viceportavoz de En Marea.

Antón Sánchez fixo unha mención especial ao traballo desenvolto pola Comisión pola recuperación da memoria histórica e o Concello de Sada de Sada Maioría na defensa da recuperación do Pazo e que hoxe é aínda propiedade da familia Franco para vergoña de todo o país.

O alcalde de Sada, Benito Portela, coincidiu en destacar o valor simbólico do Pazo, cunha historia tinguida de sangue. Por iso, comezou a súa intervención facendo unha mención “a todas as vítimas da ditadura franquista, do asasinato, do exilio, e vítimas do espolio que condenou a moitas familias a fame e a emigración ao ver como lles eran roubadas as súas terras“. A recuperación do Pazo de Meirás asegurou Portela “é un traballo que se debe levar a cabo a todos os niveis“ destacando as accións de Sada Maioría no Goberno de Sada e tamén o traballo do grupo parlamentario de En Marea no Parlamento de Galicia e posteriormente polo grupo no Congreso unha vez sexa trasladado ás Cortes.

O viceportavoz de En Marea e o alcalde de Sada fixeron un chamamento á colaboración e cooperación de todas as forzas que compartan estes obxectivos por riba de todo.