En Marea mantén unha xuntanza con sindicatos galegos para unir forzas na moción de censura

Publicado por o día 03/05/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea mantén unha xuntanza con sindicatos galegos para unir forzas na moción de censura

O grupo de En Marea no Congreso mantivo unha xuntanza este martes con organizacións sindicais galegas para falar da moción de censura cidadá ao Goberno do PP.

“Queremos trasladar á sociedade civil galega a moción cidadá para unir forzas contra a corrupción do PP”, asegurou o voceiro de En Marea, Antón Gómez-Reino, acompañado das deputadas Alexandra Fernández, Yolanda Díaz e Ángela Rodríguez.

Para esta xuntanza, En Marea convocou a todas as forzas sindicais do país, para trasladarlles a postura de En Marea respecto a este debate.

“Iniciamos a rolda de contactos co movemento sindical, pero o obxectivo é manter encontros co tecido social para sumar forzas na moción de censura”, afirmou o deputado, que insistiu na importancia de que esta moción sexa “de toda a xente indignada pola corrupción e a destrución do Estado de benestar”.

En Marea tamén fixo chegar aos sindicatos a convocatoria da movilización para o día 20 de maio na Porta do Sol en Madrid en apoio á moción de censura.

“Chamamos á mobilización para encher o 20 de maio a Porta do Sol en Madrid para apoiar a Moción Cidadá”, insistiu o deputado.