A Marea nos barrios

Publicado por o día 24/10/2014 na sección de Marea Vigo,Política

A Marea nos barrios
A Marea segue medrando imparable gracias a participación e vontade revolucionaria e democrática das súas integrantes. Xa somos case 1.000 asinantes do manifesto,e moitas de nós xa estamos integrados nos grupos e equipo de traballo abertos.
Hoxe diriximonos a vós para convidarvos a participar na seguinte fase da renovación ética, política e cultural que esta Marea vai levar a cabo na nosa cidade: as Mareas dos Barrios.
As Mareas nos Barrios teñen como obxetivo que os barrios e parroquias de Vigo se dote das súas propias ferramentas de debate, decisión e comunicación das súas iniciativas á veciñanza, á Marea de Vigo e as institucións municipais.

Para participar nas Mareas dos Barrios basta que mostredes a vosa disponibilidade enviando un correo a este enderezo ([email protected]gmail.com) no que sinaledes o/s barrio/s e/ou parroquia/s á/s que pertencedes ou vexades axeitado participar. 

Seguidamente o “equipo de barrios” da Marea de Vigo comunicarase convosco para que entre todas fagamos este traballo do xeito idóneo.
PRENSA MAREA DE VIGO