En Marea oponse ao candidato á presidencia da CIAF, que se votará mañá no Congreso

Publicado por o 20/03/2017
En Marea oponse ao candidato á presidencia da CIAF, que se votará mañá no Congreso

O candidato á presidencia da CIAF (Comisión de investigación de accidentes ferroviarios), Fernando Montes Ponce de León, comparece este martes na Comisión de Fomento a petición da deputada de En Marea, Alexandra Fernández, que intervirá para expor a oposición do grupo a este nomeamento.

Neste comisión debátese a vótase a súa candidatura á presidencia da CIAF.

“Entendemos que este candidato non cumpre os requisitos básicos de imparcialidade, dada a súa participación previa en investigacións ferroviarias e as súas declaracións no sentido contrario ao demandado polo Parlamento Europeo e a investigación xudicial en curso polo accidente do Alvia en Angrois”, apunta a deputada

A Plataforma “Víctimas Alvia 04155” tamén trasladou a En Mareaa súa inquietude porque este candidato “non cumpriría coa imparcialidade que require o cargo”.

A deputada deixará claro a posición de En Marea nesta comparecencia na Comisión de Fomento, que se celebrará a partir das 11.00 horas no Congreso dos Deputados.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá