En Marea participa nas xuntanzas co PSOE para intentar sacar a Rajoy do Goberno e mudar posturas sobre o Alvia, Ence ou a AP-9

Publicado por o día 18/07/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea participa nas xuntanzas co PSOE para intentar sacar a Rajoy do Goberno e mudar posturas sobre o Alvia, Ence ou a AP-9

A deputada e voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, participou esta tarde no Congreso dos Deputados na primeira mesa de colaboración entre o Grupo Confederal e o PSOE, no que En Marea tivo unha participación moi activa.

“Tratamos cuestións de extrema importancia para o noso País, de desemprego, de precariedade, da investigación do accidente do Alvia, da rexeneración das nosas rías e factores contaminantes como Ence, así como a transferencia da AP-9”, asegurou Díaz.

A voceira asegura que en materia social e de igualdade, foi “unha xuntanza moi positiva”.

Os tres eixos nos que o PSOE se “comprometeu” cos plantexamentos de en Marea foi a investigación do accidente do Alvia, a rexeneración das rías e a AP-9.

“Esperemos que por fin poidamos constituir, como pide a plataforma de vítimas, a comisión de investigación e depurar las responsabilidades tamén políticas”.

Na xuntanza tamén se tratou a “gran estafa ferroviaria que vive o noso país, sen sistemas de seguridade en moitas zonas, sin trens de alta velocidade ou sen cercanías entre as principais cidades”.

En segundo lugar, Díaz trasladou a petición que leva tempo facendo En Marea tanto no Congreso como no Parlamento pedindo a transferencia da AP9, que está vetada polo Goberno.

“Queremos que se transfira, tal e como se votou por unanimidade no Parlamento”.

Por último, a deputada falou da rexeneración das nosas rías, co compromiso do PSOE.

“Falamos da rexeneración e saneamento das rías, das empresas contaminantes como ENCE”.

A deputada valorou moi positivamente a xuntanza e considera que é posible, e que cada vez está máis próximo, un Goberno alternativo “para botar a Rajoy da Moncloa”.