En Marea participou esta mañá na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Vigo para reivindicar o rescate do sistema sanitario do PP

O candidato á presidencia da Xunta de En Marea asegurou que “a privatización non só é mala xestión senón que é precariedade, portas xiratorias e corrupción”
Publicado por o día 03/09/2016 na sección de En Marea,Protestas,Sanidad,Vigo

En Marea participou esta mañá na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Vigo para reivindicar o rescate do sistema sanitario do PP

Luís Villares: “Feijóo é o candidato-conselleiro de Pemex e das portas xiratorias que vendeu a sanidade pública as multinacionais para facer o seu propio negocio”.

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, xunto coa cabeza de lista por Pontevedra, Carmen Santos, e os candidatos e candidatas Marcos Cal, Eva Solla, Juan Merlo, Julia Torregrosa e Carlos Meixome, participaron esta mañá na manifestación romaría convocada por SOS Sanidade Pública en Vigo para reivindicar o rescate do noso sistema sanitario público atacado polo goberno de Núñez Feijóo a través das privatizacións e os continuos recortes.

“O PP é o partido das portas xiratorias daqueles que traballan nas multinacionais despois de ter traballado para elas” denuncio o candidato á presidencia da Xunta que asegurou que “Feijóo é o candidato, conselleiro de Pemex, que vendeu a sanidade pública á privada para facer o seu propio negocio”. Unha privatización que supuxo peche de camas, ausencias e deficiencias de servizo, precariedade laboral, todo iso nun hospital novo e recen aberto como destacou Villares. “A privatización non só é mala xestión senón que é precariedade, son portas xiratorias e corrupción” incidiu.

Fronte aos ataques de Feijóo que busca dinamitar a nosa sanidade pública galega, desde En Marea apostan por garantir o dereito á saúde e o dereito ao acceso universal ao sistema sanitario público no noso país. Así, unha das prioridades de En Marea tras a súa chegada ao goberno da Xunta de Galicia o vindeiro 25 de setembro será recuperar para o control público toda a sanidade que foi destruída e privatizada polo goberno de Núñez Feijóo.

Ante as políticas privatizadoras  do PP ao servizo das multinacionais, En Marea traballará a partir do día 25 de setembro por unha sanidade pública para todas e todos e por un país máis xusto.