En Marea pechou a súa campaña cunha festa en Santiago e convencida de que lle dará a batalla ao PP o vindeiro domingo

Por o 25/06/2016 | Sección: Elecciones 26J,En Marea,Política
En Marea pechou a súa campaña cunha festa en Santiago e convencida de que lle dará a batalla ao PP o vindeiro domingo

Unha ateigada praza de Cervantes acolleu o peche de En Marea en Santiago de Compostela. O número 3 de En Marea ao Congreso, Xaime Subiela, arrancou o acto advertindo que “en decembro andoulle cerca pero desta non serán sete senón 8 e 4 Senadores, imos ser 12 representantes, os doce apóstolos”. “Na sociedade acontece que os poderosos están perfectamente organizados, van aos mesmos colexios, clubes distinguidos, viven nos mesmos barrios, casan entre eles, e despois fan conxunto entre eles en reservados de restaurantes, son coma unha casta. Pero tamén están as redes da cooperación que dan liberdade, das Mareas. Quixeron convencernos de que non eramos quen pero demostramos que si somos” continuou Subiela.

O número 3 pola Coruña falou tamén do futuro no que pretenden levarnos aos tempos  máis escuros a crise como coartada para derrubar o Estado do benestar. Así, salientou a educación que está como no comezo do século XX cando era máis mecanismo de control social que de educación, a concentración da riqueza como tempo de entre guerras, e as condicións laborais como no tempo da primeira revolución industrial. “O futuro está aberto e vai ser o que nos queiramos que sexa. Comezamos un mundo novo” concluíu Xaime Subiela.

A seguinte en falar foi a candidata ao Senado, Vanessa Angustia, que arrancou asegurando que “o PP está facendo as maletas, o domingo saímos a gañar”. “Hai que seguir medrando a ilusión nestas horas que queda o domingo escollemos entre o goberno do 1 por cento e o goberno do 99 por cento. Saímos a escoller entre goberno de 5 millóns de parados, que non nos defende do terrorismo machista, que non acepta que nos expresemos, que pensan que as cousas saen mal cando se pregunta á xente” afirmou. No seu discurso a candidata ao Senado criticou que se fagan chamar patriotas e son os mesmos das Sicavs, das contas en Panamá, patria é a clase traballadora deste país que levantou e levanta este país. “Patria somos nós, patria é o pobo e este domingo vai haber máis patria que nunca. Todas e todos vós ides construír ese goberno que queremos” exclamou.

O que como sinalou Vanessa Angustia “será o deputado número de En Marea”, Josué Villar, foi o seguinte en intervir. “Estamos aquí porque estamos fartas da violencia de xénero, de ter casas baleiras mentres a xente durme na rúa, de que os nosos teñan que emigrar por non ter futuro. Estamos cansos de que nos espolien os servizos públicos. Cartos hai están na fraude fiscal, nos papeis de Panamá, nos papeis de Bárcenas, o que hai que facer é que os mangantes devolvan todos os cartos” afirmou. Josué Villar fixo mención tamén a Unión Europa sinalando que “si queremos Unión Europea pero a da xente”. No tocante as propostas de En Marea salientou a necesidade de  levar a cabo reforma do sistema fiscal para que paguen os que máis teñen ao tempo que se traballa por acabar cos paraísos fiscais. “E con eses cartos garantir os servizos públicos para á xente, unha banca pública para financiar as pequenas empresas, aos autónomas. Para iso imos facer un goberno pensado na razón, contra a barbarie” concluíu.

O candidato ao senado José García Buitrón pola súa banda salientou que “somos moitas os que dixemos basta, queremos cambiar o noso país e sabemos como o facer. Temos que recuperar a dignidade, traballar con ilusión”.  O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, centrou a súa intervención en poñer enriba da mesa o traballo que están a levar a cabo as Mareas municipalistas e que asegurou non pode quedar só nos Concellos senón que temos que mudar este sistema. Tivo tamén unhas palabras para “unha persoa que estivo durante Gas Natural e dimitiu porque era moi aburrido, Felipe González, que quere impedir a toda costa o goberno de Unidas Podemos por que senón perdería a súa rede clientelar para continuar a contribuír ao saqueo das multinacionais contra o pobo”. “Temos un goberno de coalición con PSOE na nosa cidade, pasamos un ano no que tivemos que limar moitas asperezas pero conseguimos pouco a pouco facer un goberno con conexión. Estamos condenados a entendernos” sinalou.

“Hoxe é un día moi triste para Europa o fascismo latente vai saíndo e converténdose nun fascismo institucionalizado. Europa trouxo paro a noso concello, a rapiña de todos e cada un dos servizos públicos. Cremos noutra UE, na que frea este tratado de libre comercio que atenta contra todos e todas nós” continuou o alcalde de Ferrol. “Non estamos nas institucións para ocupar unha cadeira nun despacho, estamos a pé de rúa. Nos somos a xente do común e estamos para traballar para á xente do común. Quero rematar apelando aos militantes do PSOE e esixan que Pedro Sánchez reciba o día 27 a chamada das candidaturas de unidade popular e evite catro anos máis de recortes e ataques á cidadanía” concluíu Jorge Suárez.

O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, asegurou que “o cambio é imparable e nos levará a abrir unha nova fiestra a partires do domingo no Estado e no outono tamén en Galicia”. “Recuperar a nosa dignidade é a nosa obriga. Queren que esteamos sos pero nos teñen unidos e foi como naceu AGE, e como naceron as candidaturas da xente, e así foi como os partidos da esquerda federal da esquerda soberanista decidiron colaborar, e comezaron a chegar xente sen adscrición partidista. Estamos nun momento histórico, se seguimos nesta deriva que nos nega o futuro ou abrimos unha nova fiestra que nos devolva a dignidade cun proceso propio e cooperativo con todos aqueles que queren cambiar o estado das cousas e para iso precisamos de todos e de todas vós” afirmou Noriega.

“A única maneira de poder estar á altura do momento e disputar a hexemonía aos que dilapidan o mandato popular, os que non nos representan e piden credenciais para exercer a función pública, onde se estuda para ser representante da xente, para ser alcalde, concelleiro, non respectan que a xente poda gobernarse a sí mesma, pelexar polo seu futuro” denunciou o alcalde de Santiago que asegurou “desbrozaremos todo o que teñamos que desbrozar e plantaremos porque somos dos que plantamos, con políticas diferentes e fondos para o mantemento”.

“Hai que mandar unha mensaxe clara, innegociable, que diga que queremos decidilo todo,  e para iso hai que disputar a lista máis votada, a maioría. Vivimos unha campaña cómplice do PSOE, do silencio da grande coalición, da abstención. Necesitamos unha mensaxe clara da xente  que lles deixe claro que xa está ben, o vindeiro domingo conquistaremos Manhattan e despois gañaremos Berlín” exclamou.
A número 2 de En Marea por Pontevedra, Ángela Rodríguez, afirmou que o vindeiro domingo “estamos ante un referendum entre o pasado e o futuro, tamén o PSOE ten que elixir entre o país do pasado ou o país do futuro. Cheira a mar, xa están berrando as gaivotas, hai Marea!!!”.  O cabeza de lista por Lugo pola súa parte insistiu en salientar o cambio político e o compromiso de En Marea

Miguel Anxo Fernán Vello na nosa terra e no conxunto do Estado español, o pobo nos impulsa cara arriba”. “Somos unha forza para o cambio real, Galiza precisa dunha grande voz, sen ataduras, sen complexos, que sume e multiplique e faga real os soños milenarios das mulleres e dos homes libres como dicía Rosalía de Castro, e En Marea é a expresión do noso sentir popular, do noso pobo” asegurou.
O cabeza de lista ao Congreso por Ourense, David Bruzos, pola súa banda arrancou salientando que “agora xa non rin, xa non somos unha promesa electoral nin unha sorpresa dunha noite, somos a alternativa real a hexemonía do PP. Quédanlles dous días, e lle dicimos ata nunca Mariano, sé forte”. “O 26 de xuño a xente que está fora vai celebrar con nós esta vitoria porque sabe que somos a alternativa e por iso lles poñen trabas para votar. E o domingo imos lle dar a benvida e dicirlles que van ter unha oportunidade na nosa terra” exclamou.

O voceiro municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, agradeceu a referencia que está a supor En Marea e o que están facendo os homes e mulleres de En Marea xa que “é fundamental”. “O que están facendo é unha parte substancial da resistencia política nas partes que aínda non están liberadas do PP. Vimos a santa alianza contra nós pero daremos un salto cuantitativo que permitirá gañar as eleccións ao PP”.
A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, asegurou que non podemos soportalos catro anos máis, non podemos seguir a aturar a esta mafia e por iso animou á toda á cidadanía a expandir a mensaxe de En Marea ata o vindeiro domingo para lograr que o sorriso que está xa na rúa se traduza nun golpe que permita taparlles a boca e demostrar a nosa dignidade como pobo.

O coordinador nacional de Anova e voceiro de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, que destacou na súa intervención a loita do pobo galego que “non deixou de loitar constantemente, non somos un pais de xente mansa, somos un país de xente cívica, cunha enorme capacidade de resistencia, que se leva mobilizando desde que se aprobou a mesma constitución do 78”. “Pobo que leva 30 anos en loita. Os labregos sometidos ao exterminio non deixaron de loitar, o sector naval para tratar de recuperar o roubado. Estamos na Unión europea que esmaga á cidadanía” asegurou Xosé Manuel Beiras. Continuo falando da Unión Europea “queren dar unha única lectura como a xenofóbia que teñen os cidadáns de Gran Bretaña, pero entón terían que estar cóbado con cóbado coa cúpula da Unión Europea que si é xenófoba e o está a demostrar co que están a facer cos milleiros e milleiros de refuxiados”. “Si pasou o que pasou foi porque desde o principio dos 80 os que fixeron este edificio aberrante antidemocrático e pecharon baixo chave o verdadeiro proxecto e permiten que sexan os poderes económicos os que nos gobernan. Plantar cara as políticas xenocidas da UE” denunciou Xosé Manuel Beiras. Temos que ir a prol da restauración dos principios republicanos. Darlle a volta as políticas agresoras contra a maioría social e ser referencia de que facemos camiño para lle dar o finiquito definitivo á segunda restauración ‘bubónica’ concluíu Xosé Manuel Beiras.

A cabeza de lista por Pontevedra, Alexandra Fernández, fixo referencia á política pero a das persoas, e é sensible porque sentimos os ataques diarios das políticas do PP nas nosas vidas, as políticas do PP se senten en toda as rúas e esperta a nosa indignación. Pero lle dicimos que non imos permitir que ninguén quede atrás. Imos a botar as dereitas do goberno do Estado e despois irá Feijoo, por criminais porque as súas políticas matan.

“Imos con ilusión a derrotar ao PP, imos con ilusión a gañar á Moncloa”, así arracou a número 2 pola Coruña, Yolanda Díaz. “A xente de ben está do lado de En Marea están fartas de corrupción, pobreza e fame e por iso imos gañar ao Partido Popular, porque somos a maioría social, estamos sempre mirando cara abaixo, e o facemos con alegría con ilusión. Imos a por eses golfos que saquearon as arcas públicas, que fixeron que teñamos recortes, que impuxeron os copagos, non chegamos ata aquí para ter un modelo social no que a pobreza é a faciana de Galicia, non chegamos aquí para recatar á banca, chegamos ata aquí para rescatar as persoas” afirmou Yolanda Díaz.

O cabeza de lista ao Congreso de En Marea pola Coruña, Antón Gómez-Reino, pechou a campaña de En Marea en Santiago de Compostela . “Temos que queimar a corrupción e facer un goberno de cambio no Estado español, de cambio e transformación social. En decembro puxemos a Galicia na vanguarda do cambio. E ó PSOE dicímoslle que os problemas do Estado son as políticas de recortes do Réxime. E ao PP dicímoslle que o tempo do medo rematou, o tempo do presidente do plasma, e en outubro vai rematar o tempo do narcopresidente Feijóo. Martiño Noriega, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez abriron as xanelas dos nosos concellos. E non é certo que non exista un proxecto de país, e á Troika imoslle dicir que non queremos ser unha colonia nunca máis. Este domingo xogámonos a sociedade que queremos construír para os próximos 10, 20 e 30 anos. E quero animarvos a que sigades difundindo esta idea. Que non se escape un só voto. Necesitamos o terceiro deputado pola Coruña e por Pontevedra e, sobre todo, que neste país non haxa un deputado naranjito e neoliberal. Hai unha Marea de Democracia real, a do 15, hai marea de país e de esperanza. Hai Marea!”