En Marea pechou a súa campaña electoral nunha ateigada praza de Praterias en Santiago de Compostela

Luís Villares: “A nosa historia facémola nos, e seremos nós os que dicimos SI a dignidade e NON a corrupción“
Por o 23/09/2016 | Sección: Eleccións Galegas,En Marea,Vigo
En Marea pechou a súa campaña electoral nunha ateigada praza de Praterias en Santiago de Compostela
Compartir en:

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, pechou a campaña de En Marea nunha ateigada praza de Praterias en Santiago de Compostela, onde botando man dunha imaxe imaxinaria que arrancou en Fisterra, o cabo do mundo. “Estamos aló ollando mar, vemos ao lonxe o barco partido estrangando o mar, unha mancha negra que o cobre todo, a negrura da noite do PP. Estamos doidos, rabeados pero non temos tempo hai que reaccionar, dobramos o lombo, collemos o chapapote coas nosas mans núas. Non nos coñecemos danos igual, son irmáns porque teñen as mans manchadas de chapapote igual ca nos“ arrancoua a súa intervención.

“Cos ollos cheos de vágoas como os noso soños recollemos o chapapote. Ao rematar de limpar berramos e exclamamos, Nunca Mais. De súpeto abrimos os ollos, vemos o mar limpo, fixémolo nós, limpamos a negrura do noso país e o fixemos por compromiso, porque era o que tiñamos que facer, porque era o xusto“ exclamou.
Convencéronnos de que esto era o fin, pero como ben explicou Manolo Rivas di que era un problema de perspectiva, é problema do que mira os galegos sabemos ben se subimos ou baixamos.

O candidato de En Marea continuou contradicindo aos que din que somos o fin, “somos o principio porque se damos as costas ao mar, ábrese diante de nós Galicia, de Europa.“Aquí non acaba nada somos o comezo de Europa“ salientou.

“Camiñamos sumando escoitando e aprendendo. Ven con nós moita xente, os mariñeiros do cerco, da Barbanza, as mariscadoras, a xente da ría que parou a lei de acuicultura, e veñen as asociacións de vítimas da violencia machista que nos ensinaron o importante da igualdade e que loitan contra o rinchado porco de pé que segue en Ourense e que acaba a campaña e segue sen ser cesado polo seu cómplice“ denunciou Villares .

Pero nesta viaxe do candidato de En Marea van tamén nenos e nenas con mochilas cheas de libros gratuitos e con praza de comedor nos seus colexios, acompañan as vacas dos gandeiros e gandeiras galegas cos que construiremos unha industria láctea que garanta unha vida digna no rural. E tamén Batas brancas , “e sentimos chegar tarde e que non podan acompañarnos aqueles enfermos de hepatite C que morreron porque o PP preferiu cadrar as contas que entregar os tratamentos a tempo“.

“Non deixan as calculadoras nin para camiñar os investigadores e investigadoras da Universidade“ continuou Villares salientando que entre tanta feira tanta xente escoitase un avión que trae de volta aos mozos e mozas que volven ao país porque agora si hai futuro. Tamén neste camiño van os parados e paradas que nunca están parados senón a buscar traballo. E os mozos e mozas que acamparon nas prazas do 15M veñen con nós tamén. Abren paso deste camiño os traballadores de Seaga que limpan os montes. Gravan a noso camiño os do audiovisual, e nos acompañan as creadoras e creadores da cultura galega. As cooperativas vitivinícolas, tanta e tanta xente. Somos moitos ninguén nos pode parar. Neste punto aparece Feijóo consciente de que o PP sementou esta terra de ladróns, de corrupción, de acosadores.
Esta vez non foxe do cara a cara de Villares. Mortos vivintes dispostos a arrasalo todo, a Santa Compaña do PP que o persigue os seis pecados capitais. Son Aznar coas súas guerras, á ira, Rajoy a preguiza sempre en standby no plasma, a Barcenas cos seus millóns en Suiza, a avaricia, a Marcial insaciable de neve, a gula, Barbera cun bolso cada vez máis caro, a envexa, e vexo a Baltar, a luxuría. Tiranse enriba de Feijoo e por fin reúnese toda a Santa Compaña e complétanse os sete pecados capitais, coa soberbia. Por non ter escoitado ao seu pobo, de esquecer que é o pobo quen máis ordena.

Nos somos moitas mans a construír o que el destruíu, e por iso será fácil.
Súmanse os tres tenores, Martiño, Xulio e Jorge que foron quen de demostrar que non so predicamos senón tamén damos trigo. E veñen polo camiño portugués os Carmen, Paula e por únense, Anxeles, Davide. Estamos todos aquí con vós, co grupo parlamentar de En Marea e co mestre, Xosé Manuel Beiras. Grazas en nome da Marea, grazas en nome do país, grazas mestre.

“O domingo ensinaremos a todo o mundo que Europa comeza en Fisterra, abriremos un camino de entendemento en toda Europa. E a fin dos recortes da Troika estará preto.  Uxío Novo Neira a forza do noso amor non pode ser inútil. Non vos rindades, imos facer historia,somos nós os que escribimos a nosa historia, seremos nós os que diremos SI a dignidade e NON a corrupción. Hai Marea!“ concluíu Villares a viaxe.

O cabeza de lista pola Coruña, Antón Sánchez, arrancou recomendando a Feijóo “ponte o flotador que está a chegar a Marea“.
Traio uns tomates negros de Santiago para que os prante na cara sur “Non son moi grandes non moi bonitos pero teñen moito sabor, hai outros máis bonitos pero que non saben a nada“ afirmou.

“Queremos un país que nunca foi derrotado, que traballa todos os días e non o desprezo polo propio de Feijóo, o paro, a crise demográfica, cidadáns de primeira e de segunda .Vexo a Louzán, a Marcial Dorado, vexo o de dime con quen andas e te direi quen eres. Apelamos ao mellor das persoas non as súas miserias.  Loitamos como a xente de Corcoesto, do cerco, como a Long Hope, como as vítimas do Alvia, os preferentistas, a platafoma dos enfermos da hepatite C co noso Quique Costas enfrente, e como loitou toda a súa vida Beiras. En Marea é unha resposta defensiva contra as políticas agresoras de Feijoo-Rajoy-Merkel pero non so defensiva senón para construír un país xusto. Imos derrotar ao PP no seu feudo histórico. Que pasen ao banquillo e dádelle as acepcións que queirades“ rematou Sánchez.

O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, puxo en valor o lugar do peche da campaña de En Marea, a praza das Praterias, por onde pasou anxel casal último alcalde republicano desta cidade, otero pedrayo con estudantes entre eles Xosé Manuel Beiras, as revoltas estudiantís, a pedra por onde pasou a xente do 15 M, o chan que todos os primeiro de maio pisa a xente que reivindica dereito laborais. “Quérennos sen memoria pero estamos aquí coa memoria intacta a curto, medio e longo prazo. O 25 de maio imos axustar contas coa súa inxustiza. Reivindicamos unha primavera de unidade popular“. Rematou.

Paula Vázquez Verao, número 2 por Lugo, destacou o papel das mulleres e dixolle a Feijoo que o que precisamos traballo, vida digna nas nosas terras non que o señor Feijóo nos anime a ter fillos. En Marea leva no seu programa unha tarefa de socialización dos coidados.

David Rodríguez, número 2 de En Marea por Ourense, salientou a igualdade entre homes e mulleres. Como bombeiro enviou unha mensaxe aos seus compañeiros asegurando que a partir do domingo non seguirán a ser atacados polo goberno da Xunta de Galicia coa chegada de En Marea. Moito falan de nós porque nada teñen que dicir deles. En Marea é unha sólida alternativa ao goberno contra as persoas de Feijóo. “O día 25 escribiremos as notas necrolóxicas do PP na Galiza“ sentenciou

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, estamos aquí por a xente que foi quen de loitar e apostar polo futuro, un futuro que estamos a piques de conquistar. E foi grazas a xente boa e xenerosa que formou ese proceso exemplar e que apostou contra a resignación e incerteza. O 30 de xullo soñamos xuntas en Vigo, o 26 de setembro imos a conformar un goberno xusto para Galicia pero tamén para recuperar o goberno do Estado. “Como dixo Salvador Allende: a historia e nosa e a escriben os pobos, este domingo imos a facer historia“ rematou.

O membro da coordinadora de En Marea e portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, sinalou ao “partido patibulario que debía estar el todo metido no trullo que onde lle corresponde estar“.  En Marea é a conquista da cidadania e dar finiquito a II restauracion bubónica . “Temos que restaurar o Estatuto de Galicia que destrozou estes ano o PP“ afirmou.

A deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, asegurou que o máis probable e que todos rematen na cadea. Toda xente decente do noso país dicímoslles que vaian o domingo a votar. Aos parados, aos desempregados, aos labregos, as mulleres, a xente do mar, a toda a xente que sufriu por culpa de Feijóo, aos funcionarios, aos bombeiros do noso país. Non hai nada máis forte que os soños, soñemos. Hai Marea!

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, afirmou que En Marea chegou para poñer voz aos que non tiñan voz. Aqueles que levaban anos loitando nas rúas e viron como pasabamos da praza ao pazo. Nos non chegamos como Feijóo a facer publicidade cada catro anos. “A esperanza ten dúas fillas a ira para saber o que nos están a facer e a valentía para enfrontarse aos que nos atacan“ asegurou o alcalde de Ferrol.