En Marea pedirá explicacións polo incremento da débeda pública de Galicia no primeiro trimestre de 2017

A débeda publica de Galicia increméntase 10 veces máis que a media do resto das CC.AA. e o dobre que a media do Estado nos últimos doce meses coñecidos.
Publicado por o día 17/06/2017 na sección de En Marea,Política

En Marea pedirá explicacións polo incremento da débeda pública de Galicia no primeiro trimestre de 2017

Trala publicación do informe trimestral dO Banco de España ven de publicar o seu informe trimestral sobra a débeda das administracións publicas referido o primeiro trimestre de 2017, En Marea traslada ao Goberno da Xunta unha batería de preguntas para que explique por que se sigue incrementando a débeda publica rexistrada no Banco de España ata superar os 11.500 millóns de euros, a cifra máis alta da nosa historia.

O promotor da iniciativa, o deputado Manuel Lago, quere saber como explica a Xunta que a débeda publica de Galicia se incremente 10 veces máis que a media do resto das CC.AA. no primeiro trimestre de 2017 e o dobre que a media do Estado nos últimos doce meses coñecidos.

Galicia é ademais a comunidade autónoma na que máis medrou a débeda nos tres primeiros meses de 2017  entre as 17 que conforman o estado e segunda comunidade autónoma na que máis medrou a débeda en termos interanuais, so por detrás de Extremadura.

Por outra banda, para En Marea non é coherente que a débeda medrara en 728 millóns de euros no primeiro trimestre de 2017 cando os orzamentos contemplan un aumento de 422 millóns para todo o exercicio. “Cal é o desequilibrio nas contas publicas galegas nos tres primeiros meses do ano para provocar este inusitado incremento da débeda?” pregúntase o grupo parlamentario na súa iniciativa.