En Marea pide o amparo da Mesa do Parlamento ante a “violencia institucional“ exercida polo PP contra os grupos da oposición

Publicado por o 20/04/2017
En Marea pide o amparo da Mesa do Parlamento ante a “violencia institucional“ exercida polo PP contra os grupos da oposición

En Marea rexistrou no día de hoxe unha petición de amparo da Mesa do Parlamento ante a “violencia institucional“ constante do Partido Popular contra os grupos da oposición e especialmente contra En Marea. O portavoz de En Marea, Luís Villares, arrancou a comparecencia antes os medios explicando que a actuación en comisión do grupo parlamentario do PP “colmou o vaso“ dos agravios soportados por En Marea xa non como grupo parlamentario senón como representantes dunha cidadanía que ten dereito a unha calidade democrática no seu parlamentarios e que na actualidade asegurou está en niveis baixos en Galicia “auspiciada e propiciada polo PP“.

“O que nos vemos obrigados a denunciar non é un caso puntual, nin dous, nin tres, estamos ante unha actitude sistemática de empeoramento da calidade democrática do sistema parlamentario galego“ denunciou Villares que asegurou que “hai un plan preconcibido para amordazar o Parlamento desde as institucións que controla como a Mesa do Parlamento, a presidencia do propio Parlamento ou as presidencias das distintas comisións“. En consecuencia o que se está a producir é a negación de dereitos básicos, o primeiro deles o dereito ao propio nome que como partido político temos neste Parlamento que é En Marea.

Falla absoluta de equidade por parte que da lugar a que se permita que o grupo do PP sempre poda usar as súas quendas con cuestións alleas ao pese a que é corrixible co propio regulamento. “O uso do regulamento non é unha facultade do presidente da comisión, é a súa obriga“ destacou o portavoz de En Marea. “Temos dereito a que se nos conteste cando presentamos preguntas, temos dereitos ao debate, e nolas están negando porque se permite que se empreguen as quendas do PP con cuestións distintas ou se permite que o Goberno non conteste as preguntas da oposición“. “O PP confunde publico co privado e o interese xeral co interese do partido“ afirmou Villares.

O portavoz salientou o feito de que En Marea representa a alternativa política do PP no noso país e polo tanto “a xente ten dereito a saber que pensa o grupo de Goberno das propostas que formula o grupo que é a alternativa de goberno“.

A viceportavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, Carmen Santos, explicou que o trato intolerable que se está a dar por parte do PP en especial ás deputadas da oposición. No caso concreto dos continuos ataques á viceportavoz parlamentaria, a propia Carmen Santos declarou ser “unha persoa cun talante dialogante, paciente, que podo defender as miñas ideas con paixón as miñas ideas e o modelo de país que queremos para Galicia, que tento arranxar os conflitos con todo o mundo a través do dialogo e nas cauces correspondentes, e de feito comentei de xeito privado co señor Rueda e co señor Tellado a miña opinión sobre o trato que se me ten dado como deputada e viceportavoz de En Marea“. “Pero unha cousa é a crítica e outra ben distinta o insulto e o ataque persoal xa que hai que lembrar que se está a atacar a todas as persoas que nos votaron e nos colocaron no Parlamento de Galicia“ sentenciou.

Por todo isto, o grupo de En Marea acusou ao PP de exercer a “violencia institucional“ o que provocou que o grupo tivera que presentar dúas peticións de amparo ante a Mesa do Parlamento ante o acontecido nós últimos días. “O Partido Popular non ten lexitimidade moral para dar leccións a ninguén e unicamente están a empregar escusas vergoñentas para desviar a atención dos graves casos de corrupción que saíron a luz estes días, ou para non ter que explicar o seu voto en contra de iniciativas da oposición que o único que buscan é mellorar a vida das persoas“ declarou Carmen Santos. “Somos unha formación que non estamos imputados, non temos imputados por corrupción nas nosas filas non como o PP con máis de 800. Poden seguir negando a corrupción estrutural do seu partido con tramas corruptas que salpican tamén a Galicia“ incidiu Santos.

A viceportavoz considerou “curioso“ que o PP opte por esta actitude ante iniciativas tan importantes como a que presentaba onte o grupo de En Marea na que se poñía enriba da mesa a dramática realidade das persoas con diversidade funcional cus datos aberrantes de desemprego e desigualdade, para finalmente votar en contra baixo a escusa de que non recoñecían a viceportavoz de En Marea como interlocutora. “Non só empanan unha iniciativa de calado social construtiva con manifestacións indecentes senón que teñen a desvergoña de votar en contra“ criticou Carmen Santos.

A viceportavoz de En Marea no Parlamento concluíu a súa intervención asegurando que “En Marea continuará defendendo a actividade institucional co decoro necesario, tendendo pontes de diálogo, pero con total contundencia e respecto aos votantes de En Marea“. Así mesmo agradeceu o apoio e o decoro institucional do PSdeG e BNG fronte a última agresión do PP na comisión parlamentaria de onte pola tarde.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá