En Marea pide ao Goberno que se opoña a finais de ano á renovación do perigoso herbicida glifosato

A deputada Alexandra Fernández advirte sobre as intencións da Comisión Europea de plantexar a renovación da autorización do glifosato durante un periodo de dez anos, o que cualifica de “auténtico despropósito”.
Publicado por o día 20/07/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea pide ao Goberno que se opoña a finais de ano á renovación do perigoso herbicida glifosato

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández Gómez, presentou unha serie de preguntas dirixidas ao Goberno español para instalo a ter unha posición contraria á posíbel renovación da autorización do herbicida Glifosato de cara a finais de ano, cando expira o prazo temporal marcado pola UE.

Alexandra Fernández lembra que en xuño do ano pasado a Comisión Europea renovaba o permiso de utilización do polémico herbicida, maioritariamente comercializado pola multinacional Monsanto, por un periodo de 18 meses debido á falla de acordo entre os países membros. O prazo remata o 31 de decembro deste ano.

Sempre debe primar o principio de precaución

“Este herbicida é obxecto dunha grande oposición social, ecoloxista, de concellos e doutras organizacións debido ao seu impacto medioambiental e ás consecuencias para a saúde humana”, resaltar Fernández, quen defende que prime o principio de precaución e a UE prohíba o seu uso. O glifosato emprégase nas cunetas das estradas, nos parques públicos, nas zonas de xogos infantís, en xardíns e en terras de cultivos. A deputada de En Marea considera que “namentras non se adopte unha decisión sobre a súa posíbel renovación, o seu uso debería estar acompañado dun Plan obrigatorio de restricción da súa utilización nos espazos públicos.

Preocúpalle á parlamentar de En Marea a presión que exerce o lobby pro herbicida, xa que Monsanto anunciou que se ía adicar nestes meses a “relacionarse cos estados membros e outros actores involucrados”. É dicer, conclúe Fernández, “estase a adicar a presionar.

“Presiona Monsanto aos estados membros?”

Á deputada de En Marea inquiétalle a posición vacilante da UE que “a pesar de contar con estados como Francia contrarios a renovar o permiso do glifosato, parece que vai cedendo á chantaxe de Monsanto. En maio, a Comisión Europea indicou que tiña a intención de plantexar a posibilidade de que se renove a autorización durante un periodo de dez anos. Os comisarios europeos deron o seu visto bón para reanudar as conversas cos estados membros sobre unha posíbel renovación para 10 anos”.

E aínda que a Axencia Europea de Sustancias Químicas (ECHA) publicou en marzo as conclusións da súa análise segundo a cal non existen evidencias científicas para clasificar ao glifosato como unha sustancia canceríxena ou tóxica, estas conclusións provocaron a contrariedade das ONG´s e das organizacións ecoloxistas. Alexandra Fernández demándalle ao Goberno que non apoie a renovación do glifosato, e quer saber se mantivo xuntas coa multinacional Monsanto nestes meses. “De ser así, recibiu presións por parte do lobby que comercializa este herbicida? Sabe se representantes da UE se reunieron cos comercializadores do glifosato? Non deberían evitarse este tipo de encontros porque conflúen intereses comerciais?”.