En Marea pide ao Igape e á Xunta que cumpran co mandato parlamentario e interveñan na situación de Maderas Iglesias

Luís Villares sinala que hai un risco evidente de descapitalización da empresa a través de ventas fraudulentas e que o Igape, como avalista da empresa, ten potestade para intervir
Publicado por o día 17/02/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea pide ao Igape e á Xunta que cumpran co mandato parlamentario e interveñan na situación de Maderas Iglesias

En Marea preguntou no Parlamento de Galicia por que o Igape e a Xunta de Galicia non estaban cumprindo co mandato parlamentario de garantir a viabilidade da empresa Maderas Iglesias, un acordo do Parlamento de Galicia votado unanimemente pola cámara. O voceiro de En Marea, Luís Villares, defendeu na comisión de Industria as peticións do comité de empresa de que se cumpra o ERE e de que o Igape evite a descapitalización da empresa.

O pasado mes de outubro de 2017 a cámara parlamentaria galega aprobou por unanimidade instando á Xunta a garantir a viabilidade empresarial e os postos de traballo de Maderas Iglesias. Tras diversas reunións cos traballadores, En Marea levou de novo a situación da empresa á comisión parlamentaria, preguntando ao Igape se se estaba cumprindo o mandato parlamentario e se tanto este organismo como a Xunta estaban facendo todo o necesario para garantir os postos de traballo e evitar que a empresa acabase descapitalizada por ventas pouco claras.

Na comisión, En Marea rexeitou a resposta do director do Igape, que explicou que non se podía facer nada máis que o que se estaba facendo de buscar unha negociación entre as partes. Para Luís Villares, tanto o Igape como a Xunta deben adoptar “unha posición moito máis activa fronte a este conflito tendo en conta o papel que, por exemplo, xoga o Igape na empresa”. Villares explica que o Igape “é avalista de Maderas Iglesias e polo tanto puido esixir antes e pode esixir agora a viabilidade empresarial toda vez que o aval económico se fixo cos cartos de todas”.

Para o voceiro de En Marea tamén é necesario que o Igape, mediante acción directa ou instando a outras administracións, “faga cumprir o ERE dado que o empresario está incumprindo e isto significa entre outras cousas que as traballadoras levan dous meses sen cobrar a pesar de que este ERE está financiado con cartos públicos”.

Por outra parte, as traballadoras denuncia unha situación de risco para a empresa cunha descapitalización da empresa por transferencia de activos de esta hacia outras empresas que pertencen á familia do empresario, “esta transferencia de activos non está redundando nunha mellora da situación económica da empresa”. Tanto os traballadores como En Marea considera que estas ventas de activos é “fraudulenta porque non consta en ningunha parte o prezo desas ventas”. Esta descapitalización podería dar finalmente en que os traballadores non poidan cobrar as cantidades que lles adebenda a empresa.

Tanto as traballadoras como En Marea piden que se garanta a viabilidade da empresa porque “é rendible economicamente, ten nicho de mercado tanto local como internacionalmente e no que chegou a ser o terceiro produtor mundial de tarima flotante”.