En Marea pide ao Ministro de Cultura no Congreso que reclame á familia Franco a devolución das esculturas do Mestre Mateo

O deputado de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou o 6 de setembro unha pregunta dirixida ao titular de Cultura para que se dirixa formalmente á familia do ditador e as tallas volten ao Pórtico da Gloria.
Publicado por o día 08/09/2017 na sección de En Marea,Política

En Marea pide ao Ministro de Cultura no Congreso que reclame á familia Franco a devolución das esculturas do Mestre Mateo

O deputado de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou o 6 de setembro unha iniciativa parlamentar na que demanda ao Ministro de Cultura que adopte unha actitude activa e inicie os contactos coa familia do ditador Franco para que procedan á devolución das fermosas esculturas do Mestre Mateo, Isaac/Ezequiel e Abraham/Xeremías, e se restitúan ao seu lugar orixinario: o Pórtico da Gloria.

Non ten xustificación que un Goberno democrático non as reclame.

O parlamentar de En Marea que lembra que as dúas tallas estiveron este mesmo ano en exposición no Museo do Prado, “que tería sido unha magnífica ocasión para iniciar un proceso de diálogo coa familia do ditador e lograr a devolución das esculturas á catedral de Santiago”. Para Fernán Vello “carece de xustificación que un Goerno democrático non se teña preocupado aínda de reclamar os bens expoliados polo ditador, sobre todo cando foron froito dun auténtico roubo”.

Fernán Vello recolle na súa iniciativa a coñecidas andaina das esculturas do século XII-XIII até rematar en máns de Franco cando en 1961 e ao albur da exposición “A arte románcia”, as tallas aparecen identificadas como propiedade do caudillo e sitúan a súa procedencia no Pazo de Meirás. Sábese que pasaron á súa pertenencia como un “agasallo” do concello de Santiago, agasallo forzoso como era habitual”.

O deputada de En Marea salienta que segundo as informacións e documentos que manexan asociacións expertas e investigadores, non existe documento que acredite a donación.

“E moitas desas organizacións, fundacións e institucións levan anos reclamando á familia do ditador que devolva as esculturas sen obter resposta algunha. A propia Fundación Franco confirmou en diversas ocasións ter recibido cartas con esta petición pero deu a calada por resposta. Por certo, a Fundación dun ditador, toda “unha extravagancia” inadmisíbel en calquer democracia europea, que para colmo de males recibe carto público en forma de subvencións, algo inconcebíbel na Europa democrática”.

Miguel Anxo Fernán Vello insta ao Ministro de Cultura a mover ficha con este tema porque se trata de “tallas de enorme valor escultórico, histórico e patrimonial e pertencen a unha das portadas catedralicias máis fermosas do mundo. O Ministro debe levar a cabo un labor de intermediación até lograr a súa reposición.

Neste sentido, pregunta ao Ministro se durante este tempo se ten dirixido á familia Franco, como co gallo da exposición no Prado, para demandarlle a devolución do Isaac/Ezequiel e do Abraham/Xeremías. “Non tería sido unha excelente ocasión? Vaise dirixir á familia do ditador para peder formalmente a súa devolución?”.