En Marea pide a comparecencia do conselleiro de Educación polo inxustificable peche de colexios en Galicia

Luís Villares e Luca Chao participaron nas concentracións contra os peches dos centros de As Pontes e Serra de Outes.
Publicado por o día 23/06/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea pide a comparecencia do conselleiro de Educación polo inxustificable peche de colexios en Galicia

En Marea oponse de maneira decida ao peche inxustificado de colexios en Galicia. O voceiro de En Marea, Luís Villares, e a deputada Luca Chao, participaron nas concentracións realizadas en As Pontes e Serra de Outes contra o peche de centro nestas dúas localidades coruñesas.

En Marea, xunto cos outros dous grupos da oposición, PSdG e BNG, pediu a comparencia do conselleiro de Educación para que explique por que un día antes da finalización do curso escolar anuncia o peche de catro centros en toda Galicia sen xustificación por falta de alumnado.

Luís Villares dixo en As Pontes que o xeito en que “a Xunta anunciou o peche dos centros xa explica que o fan de costas á comunidade educativa e para evitar que o pais poidan organizarse”. Villares preguntou se desde a Xunta pensan que pechar “centros escolares é o xeito de decirlle á xente que marchen do rural, se son as medidas dun goberno que anuncio que esta era a lexislatura do rural?”.

O voceiro de En Marea asegurou que a formación “non vai consentir o peche destes centros, nin que os alumnos queden sen escolarización tal como a tiñan ata este mesmo curso”.