En Marea pide a comparecencia do Ministro de Fomento pola pésima xestión e a falta de previsión ante o temporal de neve

Os deputados e deputadas de En Marea critican a ausencia dun Plan por parte de Fomento cando a previsión meteorolóxica anunciaba nevaradas intensas nas área de paso da A-6 e que se deixase abandoados durante toda a noite do sábado 6 a milleiros de persoas nos seus coches sen asistencia.
Publicado por o día 08/01/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea pide a comparecencia do Ministro de Fomento pola pésima xestión e a falta de previsión ante o temporal de neve

A deputada e portavoz adxunta en Fomento, Alexandra Fernández, e os deputados Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, solicitaron este luns a comparecencia do Ministro de Fomento para que acuda á sede parlamentar a explicar a “pésima xestión e a falla de previsión e medidas perante o temporal de neve anunciado que mantivo durante horas a centos de conductores atrapados na A-6 e noutras estradas”.

Situacións que se repiten e Fomento sen Plan de Actuación

A deputada Fernández critica a “ausencia dun Plan por parte de Fomento coordenado coa DXT para facer fronte á previsión meteorolóxica que anunciaba nevaradas copiosas en moitas zonas”.

“O que sucedeu na AP-6 xa se produciu noutros anos e seguimos sin un Plan de actuación que asista ás persoas de forma imediata”, sinalou a deputada, que tamén cargou contra a concesionaria que “só se ocupa de cobrar as elevadas peaxes en Adanero pero á que lle importou moi pouco que miles de persoas pasasen a noite na autoestrada de pago”.

Deben rematarse as concesións de autoestradas a empresas amigas

Neste sentido, aproveitou para enfatizar que “unha autoestrada básica para as comunicacións como a AP-6 non pode estar en mans dunha concesionaria”, porque “o que pasou esta fin de semana demostra que infraestruturas fundamentais non poden estar en mans privadas” e “debe rematarse coas concesións e coas peaxes e co negocio dos amigos empresarios “.

En relación ao anuncio do Ministro de Fomento de abrir un expediente informativo á empresa concesionaria, En Marea agarda que non pase o de sempre, porque “o PP acostuma a abrir expedientes informativos a concesionarias que logo quedan en nada e dos que nin siquera informa.

“Este caso merece unha sanción e unha revisión a fondo das condicións da concesión porque está clara a lamentábel xestión da autoestrada”.