En Marea pide comparecencia de Zoido pola expulsión do rapaz paraguaio que levaba 14 anos en Galicia

As deputadas de En Marea Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino e Alexandra Fernández piden a comparencia do Ministro de Interior pola expulsión do mozo de 19 anos Fernando Daniel Vera.
Publicado por o día 02/12/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea pide comparecencia de Zoido pola expulsión do rapaz paraguaio que levaba 14 anos en Galicia

En Marea solicitou este venres a comparecencia do Ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido, para que explique o motivo polo que o Goberno español adopta decisións tan arbitrarias e inhumanas como a expulsión exprés o pasado sábado 26 de novembro dun mozo de 19 anos que levaba 14 vivindo en Galicia coa súa nai e irmán.

O rapaz foi expulsado a Paraguai, onde non ten ningún familiar nin ningún outro tipo de vinculación ou arraigo.

O grupo confederal Unidos Podemos – En Comú Podem- En Marea quere coñecer que medidas tomou o Ministerio de Interior para asegurar o cumplimento da Circular 6/2014 DGP (Dirección General de la Policía) e en que frecuencia se aplica.

Ademais, ínstase ó Executivo a que explique que criterios da Circular 6/2014 foron aplicados no caso do mozo paraguaio Fernando Daniel Vera Martínez.

O grupo confederal tamén pide resposta para coñecer, en concreto, os procedementos sancionadores por estancia irregular que se tramitaron no 2015.

Ademais, tamén se solicita coñecer cantos procedementos se tramitaron usando o procedemento preferente en 2015 e cales polo procedemento ordinario, insistindo en coñecer o “criterio” do Goberno para usalos.

O Corpo Nacional de Policía (CNP) instrúe a Vera Martínez un expediente sancionador por estancia irregular o pasado 22 de setembro de 2016 e imponlle a cautelar de comparecencia periódica en comisaría, que o mozo cumple, ademais de realizar alegacións explicando o seu arraigo familiar e social en España.

A pesar das alegacións, o CNP propón a sanción de expulsión, dictándose pola Subdelegación do Goberno de Coruña resolución de expulsión por un período de cinco anos.

O mozo foi expulsado por un procedemento preferente, un mecanismo excepcional segundo a lei, previsto para casos sobre todo de ameaza ó orde pública e a seguridade das persoas sen domicilio, unha situación que nada indica que fose a deste rapaz.

En Marea tamén denuncia que o mozo estivo máis de 72 horas detido, superando o período máximo de detención e non se coñece se tivo asistencia letrada a efectos de permitir que exercese o seu dereito á defensa unha vez notificada a resolución de expulsión.

Ante esta situación, solicítase ó Goberno si se garantiza a asistencia letrada en todo caso no momento de materializar a execución da expulsión de persoas migrantes do noso territorio nas expulsións no prazo de 72 horas desde a detención.

Ademais, pídese coñecer o número de persoas que foron expulsadas desde comisaría en plazo de detención de 72 horas desde o ano 2015.

En Marea tamén destaca que non hai explicación para que este menor, tutelado pola Xunta porque a súa nai non podía facerse cargo, alcanzase a maioría de idade sin papeis.