En Marea pide a creación da fiscalía anticorrupción en Galicia

A proposta defendida por Carmen Santos pide un aumento de recursos e personal para as fiscalías galegas.
Publicado por o día 08/03/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea pide a creación da fiscalía anticorrupción en Galicia

En Marea pediu onte no Parlamento de Galicia a posta en marcha dunha fiscalía anticorrupción para Galicia, como está creada en outros territorios do Estado Español. A proposta defendida pola vicevoceira do grupo parlamentario de En Marea, Carmen Santos, ademais da creación da fiscalía, pide tamén unha maior dotación de recursos para todas as fiscalías galegas.

Carmen Santos asegurou na súa intervención na cámara que, tanto pola historia recente, “como polas necesidades dun país moderno e democrático” é necesario contar en Galicia cunha fiscalía anticorrupción, unha petición que está respaldada pola preocupación dos cidadáns como pola da expertos como Álvaro García Ortiz, presidente da Unión Progresista de Fiscais. No mesmo sentido, o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes asegurou que “Galicia, polos delitos de corrupción que rexistra, necesita un fiscal especializado”.

Carmen Santos defendeu tamén que outras Comunidades Autónomas como Murcia ou Valencia contan cun fiscal especializado en anticorrupción para o seu territorio. Santos explicou tamén que casos como Pokemon, Conde Roa ou Campeón xustifican a necesidade dunha fiscalía que contribúa a erradicar a corrupción de raíz.