En Marea pide explicacións pola “desproporcionada carga policial” tralo desaloxo do Centro Social de Escarnio e Maldizer

Publicado por o día 31/05/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea pide explicacións pola “desproporcionada carga policial” tralo desaloxo do Centro Social de Escarnio e Maldizer

O grupo parlamentario de En Marea vén de rexistrar unha batería de preguntas no Parlamento de Galicia para coñecer se a Xunta vai pedir explicacións ao Goberno do Estado sobre a “actuación desproporcionada da polícia” na manifestación convocada onte en Compostela tralo desaloxo do Centro Social de Escarnio e Maldizer, na rúa da Algalia.

Tamén se lle pregunta ao goberno galego se comparte a necesidade desta intervención policial e se a administración autonómica tivo coñecmento con anterioridade da presenza de Unidades de Antidisturbios, dado que o concello de Santiago xa pediu explicacións á Delegación do goberno por non seren informados nin durante o desaloxo nin durante a mobilización.

Dende En Marea considérase inadmisible que a solución adoptada por parte das autoridades responsables no canto do diálogo sexa a utilización desproporcionada  da violencia, que no fondo provoca máis violencia e impide a resolución democrática e civilizada dos conflitos sociais.