En Marea pide a Fomento solucións urxentes para paliar os altos níveis de ruido no tramo da AP-9 de entrada a Vigo

Alexandra Fernández dirixe unha pregunta parlamentar ao Ministerio de Fomento para coñecer a concreción do Plan de Ación contra o Ruido, e lembra que este tramo figura como un dos de maior impacto acústico.
Publicado por o día 02/12/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea pide a Fomento solucións urxentes para paliar os altos níveis de ruido no tramo da AP-9 de entrada a Vigo

A portavoz de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, dirixe unha pregunta parlamentar ao Ministerio de Fomento para demandarlle solucións urxentes ao alto nível de ruido que soportan os vigueses e viguesas no tramo de entrada da AP-9 a Vigo.

A deputada de En Marea por Pontevedra alude na iniciativa ao Plan der Actuación contra o Ruido do Ministerio, no que se indica que unhas 2.000 persoas en Vigo está n sometidas a un volumen de impacto acústico superior ao Obxecto de Calidade Acústica fixado en menos de 65 decibelios durante o día e 55 durante a noite.

Alexandra Fernández chama a atención sobre un dos bairros vigueses que sofren este problema con maior intensidade, son os veciños e veciñas de Teis. “Calcúlase que nesta zona unhas 600 vivendas onde habitan máis de 1.600 persoas están neta situación. Non só está afectado o bairro de Teis, Chapela é tamén unha da áreas afectadas”.

A contaminación acústica, un problema para a convivencia normal

A deputada de En Marea salienta os problemas que causa a contaminación acústica da autoestrada para a convivencia normal da veciñanza. “O impacto acústico que provocan moitas autovías e autoestradas ao seu paso por núcleos de poboación é un problema grave para a convivencia normal de moitas persoas que se ven sometidas a un nivel de ruido que lles afecta á súa calidade de vida”.

Fernández urxe a Fomento a demandar medidas á concesionaria dado que o tramo de entrada a Vigo, de case 4 quilómetros, é un dos que ten un maior impacto acústico. Nas informacións publicadas, este punto é sinalado por Fomento como “punto prioritario”. Apúntanse a solucións como a instalación de barreiras ou paneis anti ruido, algo longamente demandado polos veciños e veciñas, e outras solucións técnicas.

Lembra que este tema do impacto acústico da AP-9 foi obxecto de debate en plenos municipais nos que se demandou a adopción de medidas.

Razón pola que a deputada de En Marea formula unha batería de preguntas ao Ministerio de Fomento para coñecer en detalle o Plan de Ación contra o Ruido, que solucións se manexan, a quen corresponde executar as posíbeis solucións e en que horizonte temporal se van adoptar.