En Marea pide a limpeza dos espazos públicos paralelos ás vías do tren

Publicado por o día 04/03/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea pide a limpeza dos espazos públicos paralelos ás vías do tren

Os terreos paralelos as vías de novo trazado ferroviario entre Vilgarcía e Santiago, estreadas hai tres anos, están nun estado de abandono completo e pesar de ser un espazo á vista de todos os viaxeiros que chegan por tren a Vilagarcía. Por este motivo, O Grupo Parlamentario de En Marea instará á Xunta para que dirixa ao goberno do Estado para que proceda ao saneamento e recuperación deses espazos.

Durante as obras de realización deste novo trazado do eixo atlántico ferroviario, foron ocupados terreos en Carril, onde se instalaron as casetas e materiais de obra. A día de hoxe este espazo  presenta unha enorme degradación, provocada pola acumulación de refugallos e o inexistente mantemento do terreo. En paralelo a esta explanada, en pleno acceso a Vilagarcía, discorre a liña ferroviaria, e polo tanto é unha das primeiras impresións que os visitantes teñen da cidade cando chegan a ela en tren.

Para En Marea compre actuar sobre este foco de abandono provocado pola propia Administración do Estado, un espazo que, ademais da mala imaxe da cidade, provoca numerosas protestas dos veciños da contorna.

Por este motivo, o GP de En Marea presenta unha proposición non de lei na que insta á Xunta de Galicia para que esixa ao goberno español a recuperación e o coidado dos terreos situados pé da vía do tren en Carril.