En Marea pide no Senado a comparecencia de Margallo polo conflito dos mariñeiros do Long Hope

En Marea demándalle ao ministro de Exteriores que compareza polo conflito entre os mariñeiros españois de Long Hope e o goberno de Noruega
Publicado por o día 13/04/2016 na sección de En Marea,Política

En Marea pide no Senado a comparecencia de Margallo polo conflito dos mariñeiros do Long Hope

O grupo parlamentario Podemos-En Comú-Compromis-En Marea presentou hoxe no rexistro do Senado unha petición para que Jose Manuel García Margallo compareza na Cámara Alta. Queren que explique a súa posición en relación a este conflito e as accións previstas polo Seúl departamento para buscarlle unha solución.

12.000 mariñeiros españois que prestaron servizos en buques de Noruega en anos anteriores ao 1994 non eran considerados emigrantes nese país por considerar que non residían nel, senón en alta mar. Como consecuencia, non teñen dereito a ningún tipo de prestación derivada das súas cotizacións. A situación é especialmente grave para algúns que traballaron nesas condicións durante toda a súa vida laboral e que agora se atopan sen dereito a ningún tipo de pensión.
Eses profesionais, agrupados na asociación Long Hope, teñen aberta unha causa xudicial contra o gobierno de Noruega. Dende fai anos reclaman ademais unha acción contundente por parte do goberno do PP para que o país nórdico acceda ás súas reclamacións. Unhas demandas que, por outra banda, tamén respaldan os sindicatos noruegueses.

PRENSA EN MAREA