Marea pide non voltar a tomar atallos na delimitación de espazos e usos portuarios (DEUP)

Rubén Pérez, concelleiro de Marea de Vigo-Son en Común, considera un escándalo pretender eliminar o estudo de impacto ambiental no novo DEUP e considera que precisamente saltar este feito tumbou o anterior como para que de novo de “xogue con lume”.
Por o 24/06/2019 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea pide non voltar a tomar atallos na delimitación de espazos e usos portuarios (DEUP)

Marea de Vigo considera un erro maiúsculo que Portos do Estado pretenda agora, agotada a vía xurídica de recurrir ao Supremo para non ter que someter a avaliación ambiental o novo plan, tome arbitrariamente a decisión de saltar este requisito modificando a normativa legal argumentando que este non é un instrumento urbanísitico senón que simplemente delimita usos e non clasifica o solo.

Para Marea de Vigo este argumento é absolutamente discutible xa que os usos definen aspectos ambientais evidentes nunha instalación portuaria e os criterios ambientais non son exclusivamente os relacionados coa clasificación urbanística que marca o Plan Especial senón moitos que teñen que ver precisamente con usos portuarios.

Rubén Pérez considera que o Porto de Vigo vive nestes tempos unha presión brutal relacionada co espazo, tanto que se están artellando recheos de dubidosa legalidade en Bouzas e no Muelle de Comercio que teñen un impacto Ambiental tan decisivo para o futuro da Ría como para “obviar” calqueira estudo Ambiental existente.

Esta tentativa de saltar a norma ambiental ven a sumarse a outros atallos precedentes como tentar licitar conxuntamente pola Autoridade Portuaria a redacción da Delimitación de Espazos e Usos Portuarios e o Plan Especial do Porto de Vigo en setembro de 2018, a pesar de que a DEUP ten que ser redactada, tramitada e aprobada con anterioridade ao Plan Especial. Este feito, para Marea de Vigo-Son En Común, obriga a licitar separadamente os dous documentos. Unha licitación de máis de 50 millóns que non pode ser improvisada e deixada nun limbo xurídico que mesmo poda anular o proceso.

Marea de Vigo-Son en Común seguirá a defender que as actuacións na lámina de auga da Ría e nas instalacións portuarias terán que ser “absolutamente coidadosas co medio ambiente e co futuro productivo da Ría; polo que recheos e demáis actuacións son absolutamente perxudiciais e obrigan a repensar unha DEUP e un Plan Especial sostibles e que pensen en futuro e non no curtopracismo económico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.