En Marea pide que a a pesca da sardiña na ría non se inclúa nas cuotas europeas

A vicevoceira parlamentaria de En Marea, Carmen Santos, mantivo unha reunión cos mariñeiros do xeito e o patrón maior de Rianxo.
Publicado por o día 26/11/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea pide que a a pesca da sardiña na ría non se inclúa nas cuotas europeas

O grupo parlamentario de En Marea presentou unha proposición non de Lei no Parlamento de Galicia na que se insta a defender perante ao ministerio a adopción dun plan propio de xestión da sardiña ibérica. Esta iniciativa xurdiu tras a xuntanza mantida pola vicevoceira de En Marea no Parlamento, Carmen Santos con mariñeiros do Xeito e o Patrón Maior de Rianxo.

Desde o grupo de En Marea salientaron a preocupación coa que está a vivir o sector do mar de Galicia o proceso de adopción de medidas que afectan ao plan de Xestión da sardiña Ibérica, e as decisión que sobre esta especie pretende introducir a Unión Europea. Esta pesquería é fundamenta para varios segmentos de frota de Galicia, pero en concreto nas Rías de Arousa e Vigo, entre outras, afecta de forma moi considerable aos máis de 400 barcos que manteñen o xeito no seu permex.

Estes traballadores que no ano 2017 pescaron algo mais de 210 toneladas das 17000 toneladas do total, verían moi afectada a súa economía de adoptarse medidas que reduzan considerablemente a cota ou establezan novas restricións sobre a talla na pesca en augas interiores desta especie.

Dende En Marea defenden, ao igual que a maioría das artes menores como a frota do cerco, que a arte do xeito debera manterse fora das cotas do plan de explotación da sardiña ibérica, pola súa pouca relevancia relativa e escaso impacto que sobre os stocks da sardiña ten a utilización desta arte tradicional. Ao igual que fixo a Consellería nas súas alegacións perante o Ministerio a hora de realizar as súas emendas ao decreto de ordenación do espazo marítimo, En Marea considera preciso exercer as condicións de autogoberno de Galicia e elaborar un plan propio de xestión da sardiña en augas interiores que contemple entre outras cuestións:

  • Un reparto xusto da cota en relación cos postos de traballo que xera por tonelada descargada.
  • Iniciar os estudios científicos pertinentes que permitan establecer unha unidade de xestión independente para a sardiña das costas galegas e o norte de Portugal.
  • Excluír das cotas que se acorden á arte do xeito.

Establecer no uso das nosas competencias un plan de xestión propio nas augas interiores de Galicia da sardiña ibérica.