Marea pide que se priorice a contratación de bandas locais de música cos recursos extra das festas de Vigo

Rubén Pérez, concelleiro de Marea de Vigo-Son en Común, considera que o expediente de modificación orzamentaria que se quere levar con urxencia ao pleno e no que se incorporarán 100.000 euros ao Convenio do Marisquiño (procedentes da renuncia de subvención de Conxemar) e 1 millón de euros que se incorporan ao programa de Festas de Vigo procedentes da non sinatura da prestación de servizos de Ryanair, ten que prorizar os grupos e proxectos locais.
Publicado por o día 27/06/2019 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Marea pide que se priorice a contratación de bandas locais de música cos recursos extra das festas de Vigo

Marea de Vigo considera que as bandas locais de música e os proxectos lúdicos de carácter local son os grandes esquencidos das festas de verán de Vigo e pide que tanto no Marisquiño como no desenvolvemento das propias festas esta inxección importante de recursos extraordinarios esté vinculada á contratación de bandas locais de música e a proxectos de animación cultural nos barrios de iniciativa local. “Vigo ten bandas de música de todos os xéneros e proxectos lúdicos e culturais excelentes que quedan ano tras ano fóra das programacións das Festas de Vigo e dispoñer de súpeto dun millón de euros que antes se dilapidaba nun proxecto erróneo de subvención a unha compañía aérea é un bo momento de dignificalos”.

Marea de Vigo non presentará emendas ao modificatorio porque, entre outras cousas a orixe da partidas que se anula non permite, por exemplo, consignar ese crédito a programas sociais ou asistenciais nesta lexislatura; polo que entende como mal menor empregar os recursos para que centos de bandas locais, pequenas empresas culturais, proxectos lúdicos e de lecer, poidan participar na programación de verán que por desgraza, ate o de agora, está exclusivamente centrada en deitar recursos públicos en tres ou catro promotoras, curiosamente as que programan sempre co Concello de Vigo. “Outro debate necesario a futuro é porque non existe un proceso de contratación público mediante concurso aberto e baremación para os concertos de verán, algo que dende o Concello se critica para outros eventos noutras cidades pero se emprega como norma habitual para o caso do Concello de Vigo”.

Rubén Pérez, concelleiro de Marea de Vigo-Son en Común, considera que o expediente de modificación orzamentaria que se quere levar con urxencia ao pleno e no que se incorporarán 100.000 euros ao Convenio do Marisquiño (procedentes da renuncia de subvención de Conxemar) e 1 millón de euros que se incorporan ao programa de Festas de Vigo procedentes da non sinatura da prestación de servizos de Ryanair, ten que prorizar os grupos e proxectos locais.

2 Respuestas a "Marea pide que se priorice a contratación de bandas locais de música cos recursos extra das festas de Vigo"

  1. Elena Rodríguez Sanabria   28/06/2019 at 0:22

    Perfecto que nos apoyen, pero no han sido ellos quienes han hecho ésta ppropuesta, ni quienes han hecho la recogida de firmas ni tan siquiera se han molestado en contactar con las agrupaciones que lo hemos llevado a cabo.
    Unos hacen el trabajo y otros se llevan los laureles.
    Un poquito más de humildad y de agradecimiento a quienes luchamos por esto todos los días del año.

    Responder
  2. Gamela   05/07/2019 at 9:07

    Busca Vigo na Semana da Mobilidade Europea 2019 ¿a ver se o atopas?

    mobilityweek.eu/2019-participants/?year=2019&country=ES

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.