En Marea pide a Tejerina que investigue a causa dos vertidos para que non se repitan e que garanta o óptimo funcionamento da edar

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha iniciativa parlamentar dirixida ao Ministerio de Medio Ambiente para que adopte as medidas precisas que corrixan os posíbeis problemas.
Publicado por o día 08/09/2017 na sección de En Marea,Galicia,Medio Ambiente,Política,Vigo

En Marea pide a Tejerina que investigue a causa dos vertidos para que non se repitan e que garanta o óptimo funcionamento da edar

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha serie de preguntas no Congreso dirixidas ao Ministerio de Medio Ambiente para que realice unha investigación rigurosa sobre a causa dos vertidos de augas fecais producidos na Ría de Vigo co obxectivo de que non volva a pasar.

Alexandra Fernández demanda á Ministra de Medio Ambiente que se garanta o óptimo funcionamento da EDAR de Lagares, actualmente en probas, para que non sucedan incidentes como os acontecidos nestes días pasados, con vertidos fecais que foron a parar á Ría de Vigo e levaron á decisión de pechar varias praias do entorno.

A deputada de En Marea alude aos feitos sucedidos hai uns días cando se detectaron vertidos fecais que obrigaron a pechar ao baño os areais de Foz, A Calzoa e unha parte de Samil.

“Aínda que a decisión de pechar as praias ao baño foi do consistorio, a xestión da planta depuradora en periodo de probas está nas máns do Ministerio de Medio Ambiente”.

Momento para correxir problemas

Para Fernández “é preciso que o Ministerio anlice en profundidade o acontecido coa depuradora en probas porque os vertidos rematan na Ría de Vigo e teñen un importante impacto medioambiental, de saúde pública e socio-económico posto que acaba afectando aos bancos marisqueiros”. Precisamente por iso, a parlamentar de En Marea pide a Tejerina que se aborde o problema con rigorosidade, investigando a fondo a causa do vertido e adoptando as medidas técnicas precisas para asegurar un óptimo funcinamento da Edar”.

Ademáis, a deputada de En Marea demanda ao Ministerio que informe da causa do vertido e pregúntalle que balanzo fai do funcionamento da planta depuradora no que vai de inicio de probas.