En Marea pide que a Xunta rectifique a política orzamentaria para deixar de ter unha das RISGA máis baixas do Estado

Paula Vázquez Verao sinala que a consellería “dá mostras de improvisación e de ausencia de conciencia do alcance da probreza en Galicia.
Publicado por o día 24/08/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea pide que a Xunta rectifique a política orzamentaria para deixar de ter unha das RISGA máis baixas do Estado

En Marea pedirá á Xunta que modifique a súa política orzamentaria para atender as necesidades dos galegos que pese ao que digan os indicadores da macroeconomía non están saíndo da crise e, ao contrario, están nunha situación cada vez. A deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, sinalou a estas alturas un de cada catro galegos estaba en risco de pobreza o que significaba que en Galicia “hai cen mil nenos que teñen risco de pobreza.

Diante desta situación e da maneira improvisada con que actúa a consellería de Rey Varela, “que dá mostra de non entender o alcance real da pobreza en Galicia”, En Marea proporá tres medidas á Xunta para evitar a exclusión dos galegos afectados pola crise:

– Publicación inmediata do Decreto que desenvolva a Lei 10/2013, de 27 de novembro, de Inclusión Social de Galicia, con diálogo con sindicatos, asociacións e entidades que traballan sobre a pobreza e inclusión social, regulando en dito Decreto os tramos de inserción e transición ao emprego. A publicación do Decreto remataría coa arbitrariedade e funcionamento a base de instrucións na concesión da RISGA.

– Rectificar a política orzamentaria que afonda na austeridade e dotar con máis fondos as políticas de inclusión e os servizos sociais comunitarios, porta de entrada dos conflictos sociais. Especificamente, de cara aos Orzamentos de 2018, dotar suficientemente as partidas para a RISGA, aumentando a súa contía e permitindo o desenvolvemento dos tramos de transición ao emprego.

– Que no Pacto pola infancia que está a promover UNICEF entre todos os grupos parlamentarios se considere central a pobreza infantil. Ter un menor na casa é un factor de vulnerabilidade, de aumento do risco de pobreza. Existen fogares con menores nos que o único ingreso é a RISGA: o 42,7% das familias perceptoras desta renda social teñen menores ao cargo. A Xunta debe entender como urxente esta situación e poñer en marcha medidas para atallala.

En Marea iniciaremos entre setembro e febreiro unha reflexión fonda sobre as políticas de inclusión social en Galiza e sobre as posibilidades de adopción dunha renda galega de cidadanía. Teremos así xornadas de debate, xuntanzas con colectivos e profesionais, ademais de trasladar distintas iniciativas parlamentarias sobre a cuestión, para deixar atrás o actual modelo de RISGA que non está a funcionar como renda de inclusión social.

Se a Xunta quere “defender os intereses de Galicia”, en lugar de nomear a Rey Varela para o Consello de Administración de Reganosa, o que debe facer é que a Consellería de Política Social acometa dunha vez o Decreto que regula a Ley de Inclusión, que distribúa de xeito xusto as horas de Dependencia entre os municipios ou que estabilice o emprego e cree máis equipas de orientación e valoración do grao de discapacidade para rematar coas listas de agarda na valoración.