Marea pídelle a Caballero que sexa coherente coas demandas a Montoro e se posicione en contra das accións levadas a cabo no Concello de Madrid

Por o 08/11/2017 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Marea pídelle a Caballero que sexa coherente coas demandas a Montoro e se posicione en contra das accións levadas a cabo no Concello de Madrid

Nos pasados días quedou amosado que os Concellos que deciden empregar os recursos do superávit, enfrontándose ao teito de gasto imposto polos obxectivos de estabilidade orzamentaria e de débeda pública do conxunto de Comunidades Autónomas e de Entidades locais acaban sendo intervidos polo Ministerio de Facenda como vén de acontecer ao Concello de Madrid. Mais tamén é certo que posiblemente se máis Concellos acompañaran a Madrid neste enfrontamento, especialmente o presidido polo presidente da FEMP, contaríase cunha presión municipalista importante para poder tombar este criterio “castrante da autonomía local”. Se o Goberno Municipal de Vigo, na práctica, decidira non ser “o alumno avantaxado do profesor Montoro”, sendo consecuente coas demandas que fai o alcalde desde a FEMP, seguramente a situación mudaría.

Para a Marea de Vigo, quedou claro que as sucesivas xuntanzas de Montoro con Abel Caballero non serviron para salvagardar os intereses dos concellos, non se avanzou en darlle solución ás lexítimas demandas de empregar o superávit en gasto social e inversións dotacionais como garderías, centros de día etc.; polo tanto, unha actitude insubmisa como a do concello de Madrid faise cada día máis necesaria.

O Grupo Municipal pide, porén, que o Concello de Vigo sexa coherente co que aproba e o que defende o seu alcalde en espazos comúns como a FEMP e sexa valente para enfrontarse ás políticas austericidas do Partido Popular, actuando en contra da persecución aos gobernos municipais e apostando polo municipalismo como instrumento ao servizo da cidadanía, fomentando a participación real das persoas na toma de decisións sobre a xestión dos recursos públicos.

Una respuesta para "Marea pídelle a Caballero que sexa coherente coas demandas a Montoro e se posicione en contra das accións levadas a cabo no Concello de Madrid"

  1. Gamela   08/11/2017 at 23:04

    Eso quixeramos algúns… poder participar !!!
    Marea de Vigo ben podía adicarse a traballar por Vigo e deixar de xogar á Alta Política !
    Se nin siquera sentan no Consello Económico Social seica van enmendarlle a plana a Montoro?

    Nin se atreven a espetarlle a Abel Caballero que xa van sendo horas de RECIBIR aos Acampados contra a Pobreza !!!