Marea Pontevedra festexa o día das nosas letras cunha lectura colectiva de textos de Castelao

O acto estivo presidido polo presidente do ateneo, Xaime Toxo, e nel participaron Luís Rei e Teresa Casal, acompañados de outros membros da candidatura do colectivo cidadá.
Publicado por o día 17/05/2019 na sección de Galicia,Marea de Pontevedra,Política,Pontevedra

Marea Pontevedra festexa o día das nosas letras cunha lectura colectiva de textos de Castelao

Hai 100 anos que un dos grandes valedores da nosa Pontevedra e do pobo galego chegou a Boa Vila. O namoramento foi mutuo e rápido, pronto aquel rianxeiro converteuse nun pontevedrés, e pronto a cidade comezou a absorver todo o seu legado.

Marea Pontevedra contribuíu hoxe a homenaxear a súa obra no museo que a acolle con infinito orgullo e ao que tanto contribuíu. Foi un acto sinxelo, con altas doses emotivas, sobre todo cando ao remate o candidato, Luís Rei, recitou un poema titulado ‘Meu Pontevedra’, unha peza que constitúe a aquel médico que nunca exerceu por amor a humanidade. Antes, o presidente do Ateneo, Xaime Toxo, abríu a lectura colectiva cun texto de Castelao tamén titulado ‘Meu Pontevedra’.

Teresa Casal e Manuel Lago defenderán na Casa da Luz o dereito a unha pensión digna e ao emprego de calidade

No acto tamén participarán as candidatas de Marea Pontevedra, Herminia Dios e Javier Pérez García, e o economista e escritor Xavier Pérez Davila.

Marea Pontevedra falará sobre a relación entre as coberturas sociais e a calidade de vida este sábado (ás 20:00h) e farao presumindo da candidatura encabezada por Luís Rei e coa colaboración do deputado Manuel Lago e do economista Xavier Pérez Davila. No acto terá un papel destacado a Renda Básica Municipal, a gran aportación de Marea neste mandato que remata e que o Bloque de Lores decidiu bloquear, antepoñendo o seu interese político a costa dos dereitos dos pontevedreses e das pontevedresas.

Tamén falarán sobre pensións, un dereito de toda a cidadanía que as administracións non están defendendo. Unicamente as mobilizacións conseguiron que un tema de tanta relevancia volvese a estar na axenda política conseguindo unha subida case ridículo, pero que serve como punto de partida para seguir traballando na mellora dos nosos dereitos.

Por último falarán de emprego e da necesidade de que Pontevedra o xere. Para Marea non chega con crealo, tamén hai que garantir que as traballadoras teñan condicións laborais dignas. O colectivo cidadá tamén conseguiu aprobar un Plan de Emprego destinado especialmente a mocidade, pero novamente chocou contra a ineficacia do goberno municipal. Pontevedra aínda segue agardando.