En Marea porá en marcha a Lei Galega de Educación

Prevén investir ao final da lexislatura o 7% do PIB Galego en Educación y suspenderán o calendario da LOMCE tras un pacto coa comunidade educativa galega.
Publicado por o día 13/09/2016 na sección de Eleccións Galegas,En Marea,Vigo

En Marea porá en marcha a Lei Galega de Educación

Ánxeles Cuña presentou en Ourense algúns dos puntos fundamentais do programa de goberno de En Marea en materia educativa, un programa que terá como cumio a creación dunha Lei Galega de Educación que estará sustentada na comunicación, na transparencia e na interlocución directa con toda a comunidade educativa e coa sociedade.

Segundo explicou Ánxeles Cuña, antes de que se promulgue a Lei Galega da Educación, En Marea acometerá unha serie de accións para promover un ensino propio das necesidades socioculturais de Galicia. A primeira das medidas será a suspensión do calendario de aplicación da LOMCE pactado coa comunidade educativa e utilizando o marco do Consello Escolar de Galicia.

A candidata número 1 por Ourense explicou que un dos principais problemas da Educación en Ourense eran os recurtes levados a cabo pola Xunta. Neste sentido, Cuña explicou que se revertería esta situación de maneira que a inversión en educación por parte da Xunta suporía o 7% do PIB cando remate a lexislatura. “Isto suporá -segundo a candidata- a recuperación progresiva dos postos de traballo perdidos e un incremento decidido na inversión en Educación, tanto en programas como en medios”.

Entre as medidas que se porán en marcha figuran tamén a conxelación dos concertos educativos e a posta en marcha dunha auditoria sobre os existentes. Salientou tamén o compromiso de En Marea coa recuperación e a proxección da lingua e da cultura galega no ámbito educativo.

Cuña Bóveda salientou que a Educacións será un dos espazos nos que se tentará pechar a fenda entre o rural e o urbano en Galicia, polo que se promoverá na lexislación “programas específicos para a educación no rural tanto en requisitos mínimos, organización e normas de funcionamento”.

O programa en Educación de En Marea prevé unha educación de calidade para as persoas adultas e unha atención especial ás diversidades desde un punto de vista inclusivo.

A revisión do calendario escolar, a aposta pola formación do profesorado, a innovación educativa e a alfabetización dixital son argumentos  que forman parte do programa de En Marea xunto coa promulgación dun decreto polo que se regulen escolares para introducir criterios de proximidade no subministro dos produtos alimenticios

Ademais da presentación do programa de Eduación, a candidatura de En Marea por Ourense mantivo unha xuntanza co Colexio de Educación Social para escoitar as demandas desta insitución.