EN MAREA pregunta ao Goberno pola prórroga a Elnosa

A deputada Ángela Rodríguez manifestou que esta prórroga se fixo de forma totalmene irregular
Publicado por o día 29/09/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

EN MAREA pregunta ao Goberno pola prórroga a Elnosa

En Marea apoia a concentración de protesta convocada para este venres pola Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra

En Marea rexistrou este xoves unha pregunta ao Goberno pola prórroga da autorización ambiental outrogada pola Xunta de Galicia a Elnosa na ría de Pontevedra. A iniciativa da deputada Ángela Rodríguez cuestiónase qué opinión lle merece ao Executivo en funcións esta medida adoptada de forma “totalmente irregular”. O Goberno de Feijóo ampliou os prazos para o cese de actividade da cloreira ata o 11 de decembro de 2017, algo que Rodríguez considera “Un abuso de autoridade, unha concesión de novo absolutamente irregular e que é unha mostra máis de como os intereses económicos e dos de sempre prevalecen por enriba dos intereses da cidadanía e incluso do que a propia xustiza dictamina, un caso que segue a condenar a ría pontevedresa como o de ENCE e a EDAR”.

Do mesmo xeito, a deputada de En Marea expresou o seu apoio e o de todo o grupo parlamentario á concentración de protesta convocada pola Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra para este venres ás 20.30 fronte á sede da Audiencia Provincial, onde tamén se ubica a sede provincial do PP, principal artífice da concesión da prórroga. A APDR interporá ademais un recurso xudicial ante o temor de que “se poidan dar novas prórrogas que retrasen sine die o peche definitivo da actividade industrial da cloreira na ría”.

Esta nova iniciativa enmárcase nas actuacións que vén desenvolvendo En Marea pola recuperación e saneamento da ría de Pontevedra e da súa contorna ante as reiteradas ameazas ambientais que vén sufrindo. A semana pasada foi presentada unha Proposición Non de Lei (PNL) para a anulación da concesión a ENCE de ocupación da ría durante 60 anos máis outorgada polo Goberno en funcións, que xa foi aprobada pola Cámara na anterior lexislatura. Ademais dos perxuízos medioambientais na ría, ENCE tamén provoca a proliferación do monocultivo de eucalipto ameazando a biodiversidade dos ecosistemas galegos, polo que En Marea presentou outra PNL para incluír as especies propias de plantacións enerxéticas no catálogo de Especies Exóticas Invasoras.

Por outra banda, Ángela Rodríguez e a voceira do grupo Alexandra Fernández rexistraron unha proposición non de lei para o seu debate en comisión sobre a estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Placeres coa fin de dar cumprimento ás sentenzas xudiciais contra dita instalación. En Marea instou ao Goberno a incoar o expediente de declaración de caducidade da concesión outorgada á empresa Electroquímica del Noroeste, S.A. sobre a EDAR; a adoptar medidas para pechar as instalacións que non conten coas autorizacións esixibles; e a contribuír á elaboración dun plan para o peche da EDAR e a un proxecto de solución do problema de depuración das augas residuais dos concellos que as envían a Placeres. Asimesmo, Ángela Rodríguez requiría esta mesma semana información ao Ministerio de Fomento sobre as EDAR construídas en Galicia con concesión de ocupación de terreos en dominio público marítimo-terrestre, a súa ubicación e o seu funcionamento.