En Marea pregunta ao Goberno pola resolución do expediente dos coeficientes redutores na idade de xubilación dos Bombeiros de Galicia

Publicado por o 19/05/2017
En Marea pregunta ao Goberno pola resolución do expediente dos coeficientes redutores na idade de xubilación dos Bombeiros de Galicia

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, rexistrou unha pregunta dirixida ao Goberno para coñecer a intención do Executivo na resolución do expediente que debía resolver a cuestión dos coeficientes reductores da idade de xubilación do colectivo de bombeiros que prestan os seus servizos en empresas privadas, en parques comarcais de Galicia.

Este expediente, “que leva aberto case cinco anos, só recibiu trabas ao longo da súa tramitación administrativa, ademáis do silencio do Executivo, que nin resolve nin contesta á petición deste colectivo que cada día se xoga a vida na defensa e protección da cidadanía e do ben común”, sinalou Díaz.

A isto hai que engadir que tras entregar toda a documentación necesaria para a tramitación deste expediente, a Mesa Intersindical Galega recibía correos nos que se lles solicitaba documentación xa entregada, nun intento de dilatar e retrasar a tramitación, ou incluso mensaxes que literalmente lles comunicaban cousas como “descoñécese si se trata de traballadores que prestan servizos exclusivamente no ámbito rural, únicamente no urbano, en ambos ou, incluso, se poderían darse casos no que actúen como bombeiros en ambos os dous ámbitos indistintamente, polo que se roga aclaración desta cuestión”.

Tras esta situación, Yolanda Díaz sinala que “é evidente que este expediente incumpre os principios de impulso de oficio de proceeimento e celeridade, e incluso a propia obrigación de resolver tódolos procedementos e solicitudes, se excederon non só nos prazos legais, senón tamén os razoables, para a resolución ou correcta tramitación dun expediente que responde a unha normativa vixente, que ampara, en definitiva, o dereito do colectivo de bombeiros de Galicia que traballan en empresas privadas a obter os coeficientes reductores de idade de xubilación.

A deputada de En Marea sentencia que a punto de alcanzar os cinco anos desde o comezo do expediente, resulta excesivo e inadmisible a total inactividade da Administración, que ten paralizada a tramitación dunha solicitude que se formula ao amparo da normativa legal actualmente vixente.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá