En Marea pregunta ao Goberno polas sancións á veciñanza que axuda na colleita de patacas, de uva ou do millo

Por o 05/10/2017 | Sección: En Marea,Política
En Marea pregunta ao Goberno polas sancións á veciñanza que axuda na colleita de patacas, de uva ou do millo
Compartir en:

O deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, rexistrou varias preguntas no Congreso para a súa resposta por escrito relativas ás actividades inspectoras que se están desenvolvendo en relación coas labores de axuda entre familiares e veciños/as para recoller a colleita de patacas, de uva ou do millo.

“Por que motivo empezou Facenda a perseguir unha actividade tradicional nas explotacións agrícolas galegas de tipo familiar e de pequenas dimensións como é a axuda non retribuida entre familiares e veciños para a recolleita de certas colleitas como a pataca, a uva ou o maíz?”, pregunta En Marea.

Gómez-Reino insiste na súa iniciativa en coñecer os motivos do Goberno polos que “comezou a Inspección de Traballo a multar a veciños e familiares que axudan nestas labores e polas que non cobran nada”

Ante esta situación, o deputado pide ao Executivo que aclare si se trata “de casos illados” ou existe algunha campaña de Facenda para perseguir estas actividades.

En Marea tamén pide ao Goberno que confirme se ten previsto modificar o réxime de colaboración familiar no ámbito laboral “para así evitar estas inspeccións esperpénticas que nin sequera desde un punto de vista meramente recaudatorio teñen sentido e cuxa única finalidade parece ser a de acabar coas explotacións agrogandeiras de tipo familiar e de reducidas dimensións, tan tradicionais e abundantes en Galicia”.