En Marea pregunta no Parlamento pola supresión do programa de servizo público “O Agro” da emisión da TVG

Publicado por o 20/04/2017
En Marea pregunta no Parlamento pola supresión do programa de servizo público “O Agro” da emisión da TVG

Trala comunicación da dirección da TVG ao comité de empresa da Corporación sobre a inminente supresión do espazo “O Agro”, En Marea vén de rexistrar unha batería de preguntas dirixidas á Consellería de Medio Rural e ao director xeral da CRTVG.

O obxectivo é coñecer por que a Consellería de Medio Rural decide recortar nun 75% o financiamento que viña destinando dende o ano 1991 a este programa e que partidas específicas destina o departamento para promover a información relacionada co sector agrogandeiro.

Tamén se dirixen preguntas á dirección da Corporación Radio Televisión de Galicia para que aclare se vai suprimir definitivamente o programa, os motivos para non asumilo como espazo de produción propia e se está prevista a posta en marcha doutro programa de formato e contidos similares que preste o mesmo servizo público.

Para En Marea non é comprensible que a televisión pública que pagamos todas as galegas e galegos retire da parrilla un programa que emite unha información esencial sobre un sector produtivo estratéxico para o noso país e pregúntase “se son este tipo de decisións ás que se referían cando dicían que esta sería a lexislatura do rural”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá