En Marea pregunta polas declaracións do Delegado do Goberno nas que recoñece que fan seguemento a persoas “que coinciden ou se repiten de forma períódica” en manifestacións

Publicado por o día 14/06/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea pregunta polas declaracións do Delegado do Goberno nas que recoñece que fan seguemento a persoas “que coinciden ou se repiten de forma períódica” en manifestacións

O pasado 13 de xuño, no Galicia por diante de Radio Galega, era entrevistado o Delegado do Goberno en Galicia o Sr. Santiago Villanueva, no transcurso da entrevista o delegado do Goberno chegou a afirmar de forma literal o seguinte “ o seu traballo detectar, que por certo o fan magnificamente ben, detectar persoas que coinciden ou se repiten de forma periódica en distintas manifestacións”.

Perante estas gravísimas declaracións, En Marea vén de rexistrar unha pregunta á Xunta para a súa resposta en pleno: Que valoración fai o goberno da Xunta constatación de que o Goberno Central controla, fai seguimento e investiga a calquera cidadá Galego polo mero feito de acudir a manifestacións de calquera tipo?

Para o grupo parlamentario, esta afirmación vén a demostrar que o Goberno a través dos seus corpos e forzas de seguridade do estado “controla” e fai “seguimento” das persoas que exercen o seu dereito fundamental de manifestación recollido na Constitución no artigo 21 da sección 1, que establece os dereitos fundamentais e as liberdades públicas, entre elas o dereito de reunión e manifestación, cuestionados nesta entrevista polo máximo representante do goberno do Estado en Galicia.

“Estamos ante unhas declaracións bochornosas nas que se demostra o retroceso nas liberdades e dereitos deste país, onde o Goberno é quen de decidir que persoas deben ser controladas ou non, polo simple feito de facer uso de dereitos consagrados na constitución”, denuncia o texto da iniciativa parlamentaria.