En Marea pregunta polas medidas da Xunta para compensar as perdas derivadas da seca agricultura, na gandeiría e na apicultura

Consideran que a liña de axudas de Medio Rural para sufragar os intereses dos créditos non palia as perdas e só fomenta que os afectados se endebeden máis.
Por o 09/09/2017 | Sección: En Marea,Galicia,Política
En Marea pregunta polas medidas da Xunta para compensar as perdas derivadas da seca agricultura, na gandeiría e na apicultura
Compartir en:

O grupo parlamentario En Marea vén de rexistrar na Cámara galega unha batería de preguntas para saber que medidas ten previsto implementar a Xunta para compensar os danos derivados da seca e as xeadas que sufriu o campo galego durante este ano. Para Davide Rodríguez e Paula Quinteiro, os deputados promotores da iniciativa, a liña de axudas da Xunta para sufragar os cuestes derivadas da contratación de créditos “non soluciona a problemática á que se enfrontan estes agricultures”.

Os produtores e produtoras de gando extensivo, castaña, apicultores e apicultoras, etc. están sufrindo graves perdas de produción polas xeadas e a seca e malia que a falta de choiva e de auga xa fixo que se activara a alerta por pre-seca fai moitos meses, e sen embargo, “desde a Consellería de Medio Rural non se tomou ningunha medida ao respecto en previsión de que a situación podía complicarse”.

En Marea esixe axudas directas para paliar as perdas na produción, en lugar de créditos “para financiar intereses bancarios” e lembra que “na denominada polo presidente da Xunta “lexislatura do rural os mozos e mozas que apostaron por investir e vivir do sector primario agora vense abandonados polas Administracións”.

A Xunta impuxo como condición que a contía mínima dos créditos que deben suscribir por explotación é de 3.000 euros, para cubrir necesidades de circulante ou para refinanciar a débeda. Os deputados de En Marea entenden que non é unha medida adaptada á realidade galega e queren saber cando se vai reunir a Consellería de Medio Rural coas persoas afectadas e o cálculo que fai o departamento da porcentaxe de produtores afectados que se beneficiarían da súa liña dos créditos para financiar intereses, pois consideran que esta medida só contribúe a que os afectados “se acaben endebedando máis”.