En Marea preguntará ao presidente da Xunta sobre a eficacia das políticas contra a violencia machista

O GP de En Marea elevará ao pleno unha batería de medidas para combater a violencia contra as mulleres en todos os ámbitos da sociedade galega.
Publicado por o d√≠a 20/12/2016 na sección de En Marea,Pol√≠tica,Vigo

En Marea preguntará ao presidente da Xunta sobre a eficacia das políticas contra a violencia machista

En Marea, que condena rotundamente a violencia machista e se solidariza coas familias das v√≠timas¬† desta fin de semana, quere levar ao debate parlamentario a situaci√≥n que padecen as mulleres galegas e a falta de eficacia das pol√≠ticas de prevenci√≥n contra a violencia machista, as medidas de protecci√≥n das v√≠timas e o desenvolvemento de pol√≠ticas de car√°cter transversal en todos os √°mbitos da sociedade galega para combater a violencia machista en todas as s√ļas manifestaci√≥ns.

A batería de medidas que se levará ao vindeiro pleno do Parlamento de Galicia, comezará coa pregunta ao presidente da Xunta sobre as medidas para paliar a violencia machista que afecta de maneira dramática as mulleres galegas.

En Marea desenvolverá ao longo das vindeiras semanas iniciativas en cada unha das áreas parlamentarias orientadas a conseguir unha maior igualdade na participación social, política e laboral das mulleres e tamén a lograr unha maior eficacia nas accións contra a violencia machista.