En Marea preguntará a Núñez Feijóo pola súa política de propaganda para ocultar a ineficaz labor de goberno

O vicevoceiro no Parlamento, Antón Sánchez, considerou inaceptable que o presidente da Xunta diga que a quita ás comunidades autónomas vai contra calquera principio moral económico despois da quita de 40.000 millóns aos bancos despois de ser rescatados con cartos públicos
Por o 13/02/2018 | Sección: En Marea,Política
En Marea preguntará a Núñez Feijóo pola súa política de propaganda para ocultar a ineficaz labor de goberno

O grupo de En Marea preguntara ao presidente no pleno da vindeira semana pola súa política de propaganda para ocultar a súa ineficacia na súa labor de goberno, un dos exemplos o feito que a política galega mantida polo Feijóo respecto da débeda e prexudicou enormemente aos galegos e galegas.  Os sucesivos recortes tiveron un sobrecuste de centos de millóns no pago da débeda e que os únicos beneficiados foron os bancos, máis concretamente Abanca. Todo para crear unha campaña publicitaria na que o señor Feijóo quedaba como bo xestor como denunciou o vicevoceiro de En Marea no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez.

“Falou de que ía en contra de calquera principio moral económico, fai falla ter cara para dicir isto despois de que aos bancos españois se lle fixera unha quita de 40.000 millóns de diñeiro público despois de ser rescatados que xa damos por perdido” declarou Sánchez que asegurou que “a moral do señor Feijóo inspira políticas que esnaquizan as vidas das persoas”. Ademais o presidente da Xunta preguntou tamén de “quen vai pagar impostos se se fai unha quita da débeda” e fíxoo nunha xuntanza de dirixentes do PP que durante anos cobraron sobres de diñeiro negro que fale de pagar impostos é para o grupo de En Marea unhas declaracións totalmente fora de lugar.

O grupo de En Marea centrará o pleno na realidade da cidadanía que pese á saída da crise da que tanto fala o PP, ten que soportar a precariedade e a pobreza que se expresa de múltiples xeitos como por exemplo na falla de acceso a unha vivenda digna coa subida dos desafiuzamentos por impago de alugueres. Hoxe mesmo o DOG publica a execución dos programas de vivenda da Xunta de Galicia como informou o vicevoceiro de En Marea quen referiuse a programa aluga cun orzamento de 86.000 euros e executado 17.000 euros, unhas cifras que se repiten nos distintos programas.
Pobreza enerxética que continúan sen establecer ningún tipo de medida efectiva para evitar que as grandes eléctricas se sigan a forrar mentres a xente non pode pagar o recibo da luz.

En Marea preguntará tamén pola instalacións dos distintos parques eólicos anunciados, as listas de agarda, e o remate das concentracións parcelarias moitas delas que levan máis de 20 anos abertas, da etiquetaxe dos produtos da ría e tamén unha iniciativa para derrogar a lei sobre medidas excepcionais para o persoal público.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.