En Marea presenta iniciativas para a adecuación dos coeficientes redutores dos mariñeiros de alta mar

“Esiximos do Goberno unha áxil e rápida solución á adaptación dos coeficientes reductores na idade de xubilación dos mariñeiros galegos, independentemente do tipo de barco no que faenen”, pediu a voceira de En Marea no Congreso, yolanda Díaz.
Publicado por o día 08/12/2017 na sección de En Marea,Política

En Marea presenta iniciativas para a adecuación dos coeficientes redutores dos mariñeiros de alta mar

 A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, presentou este martes xunto á portavoz estatal de MODEPEN (Movemento galego pola defensa das pensións públicas), Victoria Portas, as iniciativas rexistradas por En Marea no Congreso, relativas á adecuación dos coeficientes reductores aos mariñeiros.

“Esiximos do Goberno unha áxil e rápida solución á adaptación dos coeficientes reductores na idade de xubilación dos mariñeiros galegos, independentemente do tipo de barco no que faenen”, pediu a voceira de En Marea no Congreso, yolanda Díaz.

En Marea pide que se subsanen os erros existentes na actualidade, e que os COEs se establezan polo tipo de traballo e non polo tipo de barco no que traballan os mariñeiros.

Deste xeito, cando queiran xubilarse anticipadamante (alén da idade que teñan), debe aplicarselles un coeficiente reductor do 0,40 e non do 0,30 como na actualiade, o que implicaría unha diferencia de 3 anos, dado que poden pasar de xubilarse 7 anos antes co 0,30 a 10 antes.

“Sobre a restrición do acceso á xubilación anticipada: Os mariñeiros teñen, debido á penosidade no seu traballo, coeficientes redutores que ata o de agora eran do 0,40 para acceder á prestación. O Estado español cometeu un erro cruzando datos, e agora mesmo o Estado plantexa aos mariñeiros un coeficiente do 0,30 e non do 0,40”, asegurou a deputada.

Ante esta situación, En Marea presenta “unha batería de preguntas denunciando estes erros e a iniacción do departamento da señora Báñez.”

Ademais, presentamos unha proposición non de lei  na que pedimos que se aplique o coeficiente redutor do 0,40, denunciando “que Fátima Báñez está restrinxindo os dereitos dos mariñeiros.”

“É unha cuestión galega, hai máis de 50 buques afectados, polo tando instamos a que con urxencia, dende o departamento de Fátima Báñez, se muden as condicións para favorecer o acceso a idade de xubilación en igualdade de condicións co resto de compañeiras/os”, asegurou Díaz, insistindo en que En Marea non vai consentir este erro do Goberno porque “hai un desleixo ás frotas galegas, que están sendo maltratadas polo PP”.

Pola súa banda, Victoria Portas asegurou que o Goberno “está prologando a idade de xubilación dos mariñeiros galegos e seguen recortando en materia de prestacións”.