En Marea presenta iniciativas no Congreso sobre a dispensación do tratamento ás enfermas/os de Hepatite C nos centros penitenciarios

Publicado por o día 18/01/2018 na sección de En Marea,Política

En Marea presenta iniciativas no Congreso sobre a dispensación do tratamento ás enfermas/os de Hepatite C nos centros penitenciarios

A deputada de En Marea, Ángela Rodríguez, presentou unha batería de iniciativas relativas á dispensación do tratamento ás persoas enfermas de Hepatite C que se atopan internas en centros penitenciarios.

Ademais dunhas preguntas ao Goberno, a deputada rexistrou unhaProposición Non de Lei sobre o tratamento da hepatitis C na poboación recluída en prisións de Galicia para o seu debate na Comisión de Sanidade, Servizos Sociais e Consumo.

Na iniciativa, ínstase ao Executivo a poñer en marcha inmediatamente e con carácter de urxencia “os mecanismo necesarios para transferir á Comunidade Autónoma de Galicia as competencias en materia de Saúde Penitenciaria para as persoas recluídas nos cinco centros penitenciarios radicados no territorio”  (Teixeiro, A Lama, Pereiro de Aguiar, Bonxe e Monterroso).

A negociación desta transferencia, pola urxencia que implica poder activar de forma efectiva os tratamentos previstos para as persoas doentes de hepatitis C logo de case dous anos de vixencia do Plan, “deberá facerse sen vinculación con calquera outra negociación de paquetes de transferencias ou da eventual transferencia ulterior do sistema penitenciario á Comunidade Autónoma”.

Ademais, a iniciativa pide que “con carácter inmediato” e en tanto non se fai efectiva a transferencia da competencia en Saúde Penitenciaria, “activar un mecanismo que permita que todo o ciclo de tratamento e seguimiento cos novos antivirales específicos para a hepatitis C das persoas recluídas neses centros efectúese de modo integral polos servizos especializados do SERGAS habilitados para ese efecto, realizándose a dispensación a través das correspondentes farmacias hospitalarias, como para o resto de pacientes”.

Nas preguntas, a parlamentar de En Marea quere coñecer os datos das persoas diagnosticadas por Hepatite C, e cantas están recibindo tratamento a cargo do Ministerio de Interior.