En Marea presenta numerosas emendas aos orzamentos do Estado para mellorar e aumentar as partidas destinadas a Vigo e Pontevedra

Alexandra Fernández e Ángela Rodríguez destacan as emendas en infraestruturas ferroviarias, saneamento das rías, dotacións culturais, contaminación acústica e medioambientais.
Publicado por o día 05/05/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea presenta numerosas emendas aos orzamentos do Estado para mellorar e aumentar as partidas destinadas a Vigo e Pontevedra

En Marea vén de presentar no Congreso ao redor de 300 emendas parciais ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado, 184 delas destinadas a incrementar as dotacións destinadas a Galiza. No medio destas numerosas propostas de mellora, figuran as emendas que teñen por obxecto aumentar os investimentos na provincia de Pontevedra.

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, asegurou este venres que as emendas presentadas ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado 2017 “melloran e aumentan as partidas destinadas a Vigo e no conxunta da provincia de Pontevedra en materia de infraestruturas viarias, ferroviarias, dotacións culturais e museísticas, medio ambiente e litoral”.

A deputada Ángela Rodríguez destaca que estes orzamentos recollen as demandas “de gran parte da cidadanía de Pontevedra” e grandes reinvindicacións na cidade como a recuperación e saneamento da ría e a paralización do A-57 para salvar A Fracha.

VIGO

No capítulo da contaminación acústica, Alexandra Fernández destaca a emenda para a instalación de sistemas de redución do impacto acústico na travesía urbana da AP-9 en Vigo, unha demanda social e política posto que a entrada da autoestrada en Vigo está definido como un dos tramos de maior contaminación acústica do estado.

Alexandra Fernández fai especial fincapé na necesidade de que Galicia e a área metropolitana de Vigo-Pontevedra conten con servizos ferroviarios de cercanías. “Este é un dos grandes déficits que temos en materia de infraestruturas ferroviarias, a ausencia de servizos ferroviaios de proximidad tan imprescindíbeis para os desplazamentos diarios da poboación. Por iso, demandamos unha partida de 15 millóns de euros para o desenvolvemento da rede ferroviaria de cercanías na área metropolitana de Vigo-Pontevedra”.

Neste sentido, aportou a proposta de En Marea de relacionar a saída sur coas cercanías. “É dicer, nós plantexamos que se faga unha conexión que misture a saída sur e as cercanías para que teña maior funcionalidade e racionalidade. É unha aposta por desenvolver os servizos de proximidade”. Demandamos unha partida orzamentaria de 500.000 euros para iniciar os Estudos precisos.

Para a Estación Intermodal de Vigo, presentamos unha emenda cifrada en 9 millóns de euros. Consideramos tamén importante que haxa unha dotación para a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares, ao que destinamos 2,5 millóns.

No que atinxe ás dotacións culturais e museísticas, Vigo “segue a ser das únicas cidades da súa dimensión sen Biblioteca do Estado a estas alturas. Presentamos unha proposta para que se dote de 100.000 euros e un incremento no orzamento para o Museu Marco.

Alexandra Fernández tamén destaca a necesidade de garantir que o Goberno aprobe os investimentos suficientes para evitar que os veciños e veciñas sofran o impacto da EDAR de Vigo, adoptando medidas para que se leve a cabo un cinto de seguridade e protección verde en torno á depuradora.

Nas emendas de En Marea tamén se contempla un investimento para o Instituto de Investigacións Mariñas e unha proposta aos Orzamentos para compensar aquelas vivendas, como Navia, de Proteción Oficial afectadas pola normativa do PP de eliminación das axudas a este tipo de vivendas.

PONTEVEDRA

En Pontevedra a deputada Ángela Rodríguez destaca a eliminación do financiamento da A-57 para salvar A Fracha e “para que se leve gran parte deste montante a mellorar outras vías xa existentes”.

Nesta liña, En Marea rexistrou varias emendas para a adecuación e mellora da seguridade vial N-640 no tramo Caldas de Reis-Vilagarcía de Arousa por cerca de 3 millóns de euros.

En Pontevedra destaca especialmente a parte medioambiental. En Marea rexistrou varias emendas para a conservación do medio natural.

En concreto, 15 millóns para un plan integran de recuperación da ría de Pontevedra, que se ve afectada por ENCE.

Outros 15 millóns están destinados ao saneamento da aglomeración Pontevedra-Marín-Poio-Bueu.

Ademais, rexistrouse unha dotacion de 3 millóns para a dotación de fondos adicionais para a protección e recuperación dos ecosistemas litorais en Pontevedra.

Un total de 2,6 millóns están destinados á rexeneración ambiental e actuacións contra a regresión da praia de Aguete, en Marín.

Na cidade de Pontevedra, tamén destacan as melloras na mobilidade e accesibilidade da Estación, con 2 millónes de euros, ou o enlace directo coa ponte de As Correntes e reforma do Nudo de Bomberos de Pontevedra, con 2,5 millóns.

Para a provincia de Pontevedra, tamén destacan as importantes dotacións para o Porto de Marín; instalación de sistemas de reducción do impacto acústico na A-55 en Mos ou a modificación do trazado no cruce da saída da AP-9 no mesmo concello; o casco histórico de Tui, a ampliación do paseo marítimo de Bueu ou a rexeneración de praias, entre outras moitas cuestións.

Os deputados e deputadas de En Marea farán unha presentación pública e detallada de todas as emendas e dos nosos Orzamentos Alternativos o próximo luns 8 de maio en Santiago de Compostela.