En Marea presenta a súa imaxe de campaña na que se reflicte o seu compromiso por construír “un país xusto” fronte “a estafa do vendedor de preferentes que é Feijóo”

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, destacou a aposta de En Marea por un goberno “radicalmente oposto ao PP” no que a xustiza, a solidariedade, a transparencia e o ben común sexa o que centre todas as accións do goberno e no que ninguén quede atrás
Publicado por o día 04/09/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea presenta a súa imaxe de campaña na que se reflicte o seu compromiso por construír “un país xusto” fronte “a estafa do vendedor de preferentes que é Feijóo”

A imaxe de campaña recolle estas ideas de transparencia e solidariedade sendo o azul e o branco as cores de En Marea coas que representa unha marea de renovación e de cambio

En Marea presentou esta mañá en Santiago de  Compostela a que será a súa imaxe de campaña e coa que tentará transmitir a idea dun país máis xusto, máis solidario, que vela polo interese común e centrado no ben común. “Temos un Feijóo que fai absolutamente o contrario, como un verdadeiro vendedor de preferentes, que engana á xente sabendo que ten nas súas mans un produto que sabe que non pode colocalo senón é a través do engano e a mentira” afirmou o candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares. Un candidato que como salientou Villares “non quere ser presidente da Xunta e que se quere marchar como el mesmo dixo” afirmando que só quería Galicia se gobernaba, que non quería estar na oposición. “Qué clase de candidato é ese, qué clase de estafador é ese para os galegos e galegas” preguntouse Villares.

“En Marea ten un proxecto radicalmente diferente a este estafador da cidadanía galega a quen dixo que gobernaba para todos e todas cando a realidade é que o facía só para as empresas , un auténtico vendedor de preferentes que estafou as cidadás vendendo os servizos públicos,   privatizando a sanidade, precarizando a educación” defendeu o candidato de En Marea.

Así En Marea defende un mundo totalmente alternativo ao que nos ofrece Feijóoo. Un país máis xusto, e por iso a súa campaña pivota arredor desta idea de xustiza e solidariedade. Un país no que os postos de traballo para os amigos rematen e rexeite as privatizacións, no que a corrupción non sexa noticia, e acabar cos gobernos para os poucos e contra á maioría social. En Marea aposta por un xeito de gobernar distinto, rebelde pero realista e responsable. Un país no que homes e mulleres teñan as mesmas oportunidades, mozos e mozas teñan tamén as mesmas oportunidades laborais no seu país e non teñan que emigrar, onde todos e todas teñamos posibilidade de vivir con dignidade.

E este compromiso de En Marea queda reflectido na imaxe de campaña presentada esta mañá en Santiago de Compostela baseada en dúas ideas fundamentais. A primeira é a transparencia porque é o compromiso de En Marea que se saiba o que se fai dentro das administracións sen gobernar de costas a ninguén. En segundo lugar a imaxe de varios vasos comunicantes, comunicados por políticas de solidariedade para que a ninguén lle falte para que todo o mundo teña as mesmas oportunidades.

As cores elixidas por En Marea son o azul e o branco que representa o noso país e a marea, unha marea de renovación de cambio, de renovación porque como afirmou o candidato á presidencia de
Luís Villares “somos o presente do noso país e seremos tamén o seu futuro baseado na xustiza social e a solidariedade porque entre todos e todas podemos construír un país xusto”.