En Marea presenta unha moción no Senado para regular os espectáculos públicos de extrema crueldade cara aos animais

Publicado por o día 16/09/2016 na sección de En Marea,Política

En Marea presenta unha moción no Senado para regular os espectáculos públicos de extrema crueldade cara aos animais

O Grupo Parlamentario de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea esixe o cumprimento dos regulamentos taurinos de cada autonomía, que aínda hoxe se seguen quebrantando de maneira reiterada.

Os resultados obtidos en diversas enquisas, realizadas por organizacións independentes ou extraídos directamente de fontes ministeriais, reflicten unha caída na asistencia a espectáculos taurinos e un rexeitamento por parte de máis do 80% da poboación. No últimos tres anos o apoio aos festexos taurinos ha caído do 30% ao 19%. Neste sentido, o Grupo do Cambio (Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea) traslada ao Senado a iniciativa da Plataforma ‘A tortura non é cultura’, que centra a súa atención en espectáculos que solicitan o máximo rexeitamento social: O Toro de Xubilo en Medinaceli (Soria), O Toro Enmaromado de Benavente (Zamora) ou o Toro de Coria (Cáceres), etcétera.

A iniciativa foi promovida por Vanessa Angustia, Joan Comorera e Maribel Moura, senadoras do Grupo do Cambio (Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea). “Trátase de algo moi básico: evitar aquelas manifestacións de sufrimento e violencia contra os animais de extrema crueldade tal e como estipula a lei”, segundo manifesta a propia Senadora Vanessa Angustia, de En Marea. E é que as diferentes autonomías desenvolveron unha regulamentación para os espectáculos taurinos que, en teoría, debería pór un límite ao sufrimento innecesario dos animais. Así mesmo, esta normativa debería preservar ao público de presenciar os momentos máis sanguentos, especialmente á infancia, tal e como diferentes organismos internacionais aconsellan.

De feito, estas normas autonómicas son sistematicamente vulneradas grazas á declaración dos festexos como ‘Festa de Interese Turístico’, ‘Espectáculo Tradicional de Interese Rexional’, ‘Festexo Taurino Tradicional’ ou ‘Festa Tradicional de Interese Turístico Nacional’. Mediante esta fórmula, algúns municipios conseguiron eludir a normativa vixente e, como consecuencia diso, seguimos vendo dantescas escenas na que as hastas dos animais son prendidas en lume ou nas que mesmo se lles chega a disparar con escopetas. “A nosa moción un primeiro paso para pór en valor a lei contra os malos tratos animais, unha lei que non debería admitir excepcións”, expresa Joan Comorera, Senador de En Comú Podem.

O Grupo do Cambio (Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea) propón elaborar unha relación daqueles espectáculos taurinos que incumpran as normativas taurinas de carácter autonómico e eliminar as excepcionalidades que permiten que aínda se celebren espectáculos de extrema crueldade cara aos animais que vulneran a lexislación vixente. Así mesmo, proponse a eliminación dos espectáculos taurinos nos que os animais utilizados teñan menos de 2 anos.